Saltar ao contido

Celia Parra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelia Parra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoabril de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiCelia Díaz Núñez Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4898966 AELG: 458 Dialnet: 3422189

Celia Parra Díaz, nada en Ourense en abril de 1990, é unha escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rematou o Grao Medio de piano polo Conservatorio Profesional de Música da súa cidade natal. Licenciada en Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela, e Mestrado en Produción e Xestión Audiovisual pola Universidade da Coruña.

Ten publicado poemas en revistas como sèrieAlfa, Dorna, Luzes, Palavra Comum, Shearsman Magazine, The Stinging Fly, HeadStuff, Oculta Lit e O Salto Galiza.[1] Foi impulsora, creadora da idea orixinal e produtora executiva de Versogramas (Belén Montero e Juan Lesta, 2018), documental arredor do panorama internacional da videopoesía. Versogramas foi publicado tamén en formato libroDVD pola Editorial Galaxia.[2] Exerceu como asistente de produción executiva en Setembro Cine e como coordinadora da Asociación Sindical Galega de Guionistas.[3]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • XVII Concurso de Relatos Cortos Repsol YPF, 2004, Biblioteca Virtual Cervantes.
  • Deitados en leitos de follas novas, nos XXXV Premios Literarios Minerva, 2007. ISBN 978-84-611-9978-5.
  • Cun lirio branco no peito, nos XXXVI Premios Literarios Minerva, 2008. ISBN 978-84-612-8039-1
  • Letra en Obras, 2011, Letra en Obras.
  • Poesía. Premios Xuventude Crea 2010, 2011, Xunta de Galicia.
  • Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • No seu despregar, 2016, Apiario.
  • Gañadora do Concurso de Relatos Curtos Repsol YPF.
  • Terceiros premios do Minerva (2007, 2008).[5]
  • Gañadora do premio Ánxel Casal de poesía en 2008.
  • Gañadora do II Premio María Mariño de Teenses pola Igualdade no 2009, por De novo a náusea. [6]
  • Gañadora do XIII Premio de poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada 2009, por No berce das mareas.[6]
  • 3º premio compartido dos Premios Xuventude Crea 2010 de poesía, por Código morse.
  1. "Celia Parra Díaz". www.aelg.gal. Consultado o 2020-10-29. 
  2. "Versogramas". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-10-29. 
  3. "A autora". Celia Parra. Consultado o 2020-10-29. 
  4. Xmeyre, ~ (2019-06-07). "crítica de PANTALLAS (Celia Parra, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2020. Consultado o 2020-10-29. 
  5. asescollaselectivas (2013-02-17). "Celia Parra". As Escollas Electivas. Consultado o 2020-10-29. 
  6. 6,0 6,1 "Celia Parra gaña dous premios literarios". Galicia Hoxe. 10 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]