Celia Díaz
Celia Díaz | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de xaneiro de 1961 |
O Páramo | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo |
Ocupación | escritora e profesora |
Fillos | Celia Parra |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Celia Díaz Núñez, nada nas Eiras (O Páramo) o 3 de xaneiro de 1961, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos poucos anos trasladouse a Quiroga.[1] Tras estudar o bacharelato en Monforte de Lemos, licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomada en Maxisterio pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo[2] e diplomada en Estudos Avanzados en Teoría da Literatura pola Universidade de Vigo. Reside en Ourense, onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario, actividade que compaxinou coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación na materia de Didáctica da Lingua Galega.[3]
É filla adoptiva de Quiroga.[4]
Obras[editar | editar a fonte]
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Adeliña (2004). Deputación de Ourense. ISBN 978-8496011625. Ilustracións de Luís Sendón.
- Rugando (2012). Deputación de Ourense. 131 páxs. ISBN 978-8492554607. Ilustracións de Pilar Marcó.
- Rugando ou o misterio do cuarto secreto (2021). Galaxia, Costa Oeste. Ed. corrixida e aumentada. 136 páxs. ISBN 978-84-9151-592-0.
- A boca do monte (2016). Galaxia, Costa Oeste. 168 páxs. ISBN 978-84-9865-688-6.
Teatro[editar | editar a fonte]
- Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta. (2008). Baía Edicións. 40 páxs. ISBN 978-84-96893-36-8.
- Velaí vai o papaventos (2014). Ed. de autor. 64 páxs. ISBN 978-8461687695. Ilustracións de Marina Seoane.
- O Castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (2018). Fervenza. 72 páxs. ISBN 978-84-17094-45-4.
- Unha estrela para Amina (2020). Galaxia. Árbore. 80 páxs. ISBN 978-84-9151-472-5.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Unha verdade amarga (2017). Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9151-059-8.
- Corte e confección (2019). Galaxia. 12 páxs. ISBN 978-84-9151-413-8.[5]
Ensaio[editar | editar a fonte]
Didáctica[editar | editar a fonte]
- Resta de letras (2002). Xerais. 127 páxs. ISBN 9788483028643. Enfocado a mellorar a competencia lingüística do alumnado.
- Lingua galega e literatura, ESO 2: Proposta didáctica (2018). Anaya. 152 páxs. ISBN 788469810491.
Con Mercedes Seixo Pastor[editar | editar a fonte]
- Lingua Galega e Literatura 4. (2016). Anaya, Material didáctico. 368 páxs. ISBN 978-8469812518. (Para 4º ESO).
- Lingua Galega e Literatura 4. Proposta Didáctica (2012). Anaya, Material didáctico. 520 páxs. ISBN 978-84-678-2600-5.
- Lingua Galega e Literatura 3. Proposta didáctica (2015). Anaya, Material didáctico. 368 páxs. ISBN 978-8467853339.
- Lingua Galega e Literatura 3 (2016). Anaya, Material didáctico. 376 páxs. ISBN 978-84-678-5332-2. (Para 3º ESO).
- Lingua Galega e Literatura 3. Recursos fotocopiables (2011). Anaya, Material didáctico. 536 páxs. ISBN 978-84-678-0075-3.
- Lingua Galega e Literatura 2 (2016). Anaya, Material didáctico. 256 páxs. ISBN 978-84-698-1048-4. (Para 2º ESO).
Premios[editar | editar a fonte]
- 2004: I Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria, por Adeliña.
- 2004: II Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil), por Cataventos e cía.
- 2007: Primeiro premio no XL Concurso Breogán de Contos convocado polo Centro Galego de Barakaldo, por Un tango na noite.
- 2012: Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria, por Rugando.
- 2016: Premio de Teatro Infantil O Facho, por O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna.
- 2017: Finalista Premio Frei Martín Sarmiento, por A boca do monte
- 2019: Premio de Teatro Infantil O Facho, por Unha estrela para Amina.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Celia Díaz Núñez". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-08.
- ↑ "Autores - Díaz Núñez, Celia". baiaedicions.gal. Consultado o 2020-08-08.
- ↑ "Celia Díaz". www.aelg.gal. Consultado o 2020-08-08.
- ↑ X.M.F. (2019-02-08). "Celia Díaz, ‘Filla Adoptiva de Quiroga’, presenta novo libro". Xornal de Lemos. Consultado o 2020-08-08.
- ↑ Penelas, Patricia (Xaneiro-xuño, 2020). "A padronaxe dos contos". Grial. LVIII (225, 226): 71. ISSN 0017-4181.