Xosé Lago Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Lago Hermida
Nacementomaio de 1940
Lugar de nacementoLouro
Falecemento29 de abril de 1996
Lugar de falecementoLira, Carnota
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Xosé Santiago Lago Hermida, nado en Louro (Muros) en maio de 1940 e finado en Lira o 24 de abril de 1996, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Taxista. Concelleiro en Muros polo PSdeG-PSOE dende as eleccións municipais de 1979. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura socialista e foi elixido alcalde ó selo candidato máis votado, moi lonxe da maioría absoluta con 4 de 17 concelleiros. Porén, os resultados anuláronse e houbo unha repetición electoral en novembro de 1983, na que conseguiu pasar de 4 a 7 concelleiros e polo tanto mantela alcaldía. Foi deputado provincial trala renuncia de Jesús Díaz Fornas en 1986. Nas municipais de 1987 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta, a cal revalidaría nas municipais de 1991. Neste último ano volveu ser elixido deputado provincial. Foi candidato de novo á alcaldía no 1995, pero nesta ocasión perdeu a maioría absoluta e tivo que formar goberno co BNG para mantela alcaldía. Foi responsable comarcal do PSdeG no Barbanza. Foi candidato ó Congreso nas xerais de 1996, se ben non resultou elixido.

Finou en accidente de tráfico o 24 de abril de 1996 en Lira,[1] tralo que foi sucedido na alcaldía polo seu número 2 Celestino Formoso Vidal.


Predecesor:
Paulino Lago Chouza
 Escudo de Muros.svg
Alcalde de Muros
 
1983 - 1996
Sucesor:
Celestino Formoso


Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado Fillo predilecto de Muros en 1996.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 25-4-1996, p. 30.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]