Catlocarpio siamensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Catlocarpio siamensis (coñecido en tailandés: กระโห้ pron; ou กะมัน, kaman; en khmer: ត្រីគល់រាំង, trei kól; e en vietnamita: cá Hô), é a meirande especie de ciprínido do mundo. Este peixe migratorio só habita nas concas dos ríos Mae Klong, Mekong e Chao Phraya, en Indochina. A súa poboación decreceu drasticamente por mor da destrución do hábitat e a sobrepesca, polo que a especie está considerada en perigo crítico.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hogan, Z. (2011). IUCN, ed. "Catlocarpio siamensis". Lista Vermella da IUCN 2011: e.T180662A7649359. doi:10.2305/IUCN.UK.2011-1.RLTS.T180662A7649359.en. Consultado o 26 de decembro de 2017.