En perigo crítico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A denominación "en perigo crítico" (abreviada CR, do inglés critically endangered) é a utilizada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) para un dos status de conservación dunha especie cando se considera que esta está enfrontándose a un grave risco de extinción na natureza.[1] É a categoría de maior risco asignada pola IUCN na súa Lista vermella para unha especie en estado silvestre. No sistema de categorías da UICN é o nivel de risco inmediatamente superior a "en perigo" (EN) e anterior a "extinta en estado silvestre" (EW).

En 2014, había 2 464 especies animais e 2 104 de plantas con esta valoración, o que supón un aumento con respecto ao ano 1998, cando había 854 e 909, respectivamente.[2]

Como na Lista vermella da IUCN non se considera extinta unha especie ata que se fan exames específicos e extensos sobre a súa situación na natureza, as especies que posiblemente están xa extintas pero para as que non se realizaron estes estudos son colocadas polo momento como en perigo crítico. A IUCN ten unha lista[3] de especies "posiblemente extintas" CR(PE) e "posiblemente extintas na natureza" CR(PEW), modeladas nas categorías usadas pola BirdLife International par categorizar estes taxons.

Definición da IUCN[editar | editar a fonte]

Para que unha especie sexa definida como en perigo crítico na Lista vermella, esa especie debe cumprir calquera dos seguintes criterios (do A ao E). A abreviación usada pola IUCN "3G/10Y" (3 generations/10 years) significa tres xeracións ou dez anos —aínda que sexa máis longa— nun máximo de 100 anos; "MI" significa individuos maduros (mature Individuals):[4]

A: A especie aparece nunha área de menos de 100 km² e ademais cumpre dúas das seguintes condicións:
1. Grave fragmentación do seu hábitat ou existe só nunha localidade
2. Declive na extensión da súa aparición, área de ocupación, área/extensión/cualidade do hábitat, número de localizacóns/subpoboacións, ou cantidade de MI.
3. Flutuacións extremas na extensión da aparición, área de ocupación, número de localizacións/subpoboacións, ou cantidade de MI.
B: Igual que arriba, pero menos de 10 km² (utilizado para mostrar diferentes niveis de gravidade).
C: Declive da poboación de menos de 250 MI e ou un dos seguintes:
1. Un declive do 25% en 3G/10Y;
2. Flutuacións extremas, ou un 90% de MI nunha soa subpoboación, ou non máis de 50 MI en calquera das subpoboacións.
D: Cantidades menores de 50 MI.
E: Polo menos un 50% de posibilidades de extinguirse na natureza en 3G/10Y.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]