Castelo de Urueña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Urueña
ben de interese cultural
ConcelloUrueña
ProvinciaValladolid
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°43′34″N 5°12′04″O / 41.726149, -5.201163Coordenadas: 41°43′34″N 5°12′04″O / 41.726149, -5.201163
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século XIII)
Estilo actualRuínas
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Urueña é unha fortaleza de orixe medieval situada na vila de Urueña (a chamada Vila do Libro), na provincia de Valladolid.

Descrición[editar | editar a fonte]

Vista da muralla de Urueña.

Ten torre da homenaxe cadrada e cubos nas esquinas. Está bastante arruinado e serviu durante moitos anos como cemiterio. Cando se edificou foi unha fortaleza moi importante, pois formaba a liña fronteiriza entre os reinos de Castela e de León, división que levara a cabo a mediados do século XII o rei Afonso VII[Cómpre referencia].

Aquí viviron personaxes importantes da historia de España. Foi a mansión habitual de dona María de Padilla, amante de Pedro I o Cruel. Outros estiveron prisioneiros, como a princesa de Portugal dona Beatriz, quen máis tarde casou con Pero Niño, señor de Cigales (Valladolid). O conde de Urgell Xaime II, derrotado no Compromiso de Caspe e militarmente en Balaguer, foi xulgado e traído prisioneiro por don Fernando de Antequera. A lenda conta que o hóspede prisioneiro máis famoso foi o conde castelán Pedro Vélez, ao ser sorprendido en amoríos dentro do recinto cunha curmá carnal do rei Sancho III de Castela. Un romance conta a historia completa, con estrofas tan descritivas como esta:

que o conde don Pedro Vélez
no pazo foi achado
con unha curmá carnal
do rei Sancho o Desexado,
as calzas ao xeonllo
e o xibón desabrochado…

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]