Castellciutat
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||
Comarca | Alt Urgell | ||||
Concello | La Seu d'Urgell | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 432 (2023) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 713 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Código INE | 25203000200 | ||||
Código territorial IDESCAT | 2520380002200 | ||||
Castellciutat é unha entidade de poboación do concello de La Seu d'Urgell, na provincia de Lleida. É coñecido popularmente como Ciutat (cidade) malia a súa poboación, que era de 417 habitantes en 2016.[1] A vila constituíu un concello independente ata 1975, cando foi anexionado ao de La Seu.
A localidade atópase ao oeste de La Seu d'Urgell, sobre un outeiro na marxe esquerda do río Valira, sobre o que se atopan os restos do antigo Castelo de Ciutat e tamén dunha cidadela. No centro da localidade destaca a igrexa parroquial de Sant Feliu.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo Plinio o Vello e Estrabón, a primitiva cidade romana Orgellia, ocupada anteriormente polo poboado prehistórico de Arse-durgui, atopábase no outeiro de Castellciutat, camiño obrigado de Julia Lybica (Llívia) a Ilerda (Lleida), e polo tanto de grande importancia estratéxica. A cidade romana foi a capital dos ceretáns ou, segundo Ptolomeo, dos ilerxetes.[2]
Non hai documentación sobre a súa cristianización, atribuída a un discípulo de Santiago o Maior, nin da erección do bispado de Urgell. Parece ser que este foi creado entre 516, data do concilio de Tarragona, no que non consta ningún bispo de Urgell, e 521, cando xa aparece mencionado.[3] O primeiro bispo, venerado despois como santo, foi Xusto, que asistiu aos concilios da España visigótica nos anos 527 e 546. Nesas datas xa aparece a característica esencial da cidade medieval e que dará nome á cidade: a sé episcopal (en catalán seu).[2]
Pouco despois de ser liberada polos francos do dominio musulmán, a cidade de Urgell foi destruída polos sarracenos e entrou en crise pola represión do bispo Félix. Por eses dous motivos, a sé episcopal foi trasladada a unha nova localización. Do outeiro baixou ao val, onde naceu o vicus Sedis Urgelli, actual cidade de La Seu d'Urgell. Castellciutat, despois de ser reconstruída, converteuse nunha fortaleza, residencia dos condes de Urgell ata a conquista de Agramunt e Balaguer (1105).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor: Poboación do Padrón Continuo por Unidade Poboacional
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ajuntament de la Seu d'Urgell. Història
- ↑ L'Enciclopèdia (ed.). "la Seu d'Urgell: Els orígens de la Seu d'Urgell". GGCC. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2012.