Río Valira
| Tipo | río curso de auga | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | Andorra e Alt Urgell, España | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Cataluña, España | |||
| Localización | Río Segre | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Conca hidrográfica | Conca do Ebro | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 44 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 591,6 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 10,3 m³/s | |||
O río Valira (dito la Valira ou el Valira, indistintamente en catalán) é un pequeno río pirinaico, de 44 km de lonxitude, afluente do río Segre pola dereita, que vertebra a maior parte da hidroloxía de Andorra, excepto a parte que drena o río Arièja (Ariège en francés).
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Valira nace no circo de Els Pessons, na parroquia de Encamp (Andorra). Logo dunha ampla curva cara ao norte e occidente, o río toma un sentido sur, dirixíndose a Andorra la Vella a capital do país, que atravesa. Pouco despois da localidade de Sant Julià de Lória, o Valira entra en Cataluña, pola provincia de Lleida, desembocando no río Segre algo máis ao sur de La Seu d'Urgell.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Un afluente no curso superior teñen tamén o nome de Valira, o Valira d'Ordino (dito tamén da Massana, do Nord ou ribera de Ordino) e o propio Valira é dito Valira d'Encamp (dito tamén de Orient, de Canillo ou de Soldeu). Ambos os dous únense en Escaldes-Engordany, recibindo o Valira d'Ordino pola beira dereita.
Un afluente, pola esquerda, do Valira, o río Runer, fai de fronteira entre Andorra e España.
Réxime hídrico
[editar | editar a fonte]O réxime do Valira, un típico río curto de montaña, é de tipo nival.
