Casimiro Fernández Villagómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Casimiro Fernández Villagómez
Casimiro Fernández Pérez-Villagómez 1936.jpg
Nacemento19 de febreiro de 1908
 Vilafranca do Bierzo
Falecemento2 de novembro de 1947
 O Barco de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Casimiro Fernández Pérez-Villagómez, coñecido como Miro Villagómez e Xan das Cousas, nado en Vilafranca do Bierzo o 19 de febreiro de 1908 e finado no Barco de Valdeorras o 2 de novembro de 1947,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao morrer seu pai con poucos anos, a familia trasladou a súa residencia ao Barco de Valdeorras. Foi oficial do Xulgado de Primeira Instancia do Barco. Foi correspondente de El Pueblo Gallego no Barco de Valdeorras,[2] onde publicou artigos ilustrados con fotografías de Manuel Blanco Pascual. Colaborou en La Zarpa, Galicia Nueva[3] Faro de Vigo, La Voz de Galicia e A Nosa Terra, e publicou poemas en El Compostelano e Vida Gallega. En marzo de 1932 anunciouse a publicación dun libro de poemas.[4] Militou no Partido Galeguista e en 1936 asinou un chamamento que pedía o voto afirmativo para o Estatuto, nunha folla voante da Dereita Galeguista de Valdeorras.[5] Despois da guerra continuou como correspondente de El Pueblo Gallego no Barco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Miro Villagómez, escritor y periodista de todas las facetas locales", La Voz de Galicia, 11-7-1990, p. 31.
  2. El Pueblo Gallego, 13-12-1934, p. 10.
  3. La Zarpa, 23-9-1933, p. 2.
  4. Vida Gallega, 10-3-1932, p. 19.
  5. Gurriarán, Ricardo (2001). "Florencio Delgado Gurriarán, poeta valdeorrés no exilio mexicano". Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares (13): 21–31. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 24 de abril de 2017.