Casimiro Cubela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Casimiro Cubela García, nado en San Xurxo de Sacos (Concello de Cotobade) o 2 de febreiro de 1908, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Humanidades no colexio relixioso de El Espiño (Burgos) e despois Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela[1], onde coincidiu con Xosé Manuel Cabada e do que foi profesor auxiliar. Foi párroco de Santa María de Tomonde (1931), despois de Ribela e desde 1958 en Santa María de Trasmonte. Escribiu poemas en latín, galego e castelán, algúns deles publicados en Vida Gallega e Acción (Pontevedra). Sendo párroco de Ribela foi detido e procesado en 1948 por axudar á guerrilla e condenado a seis meses e un día de desterro[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]