Henrique II de Suabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, véxase Henrique VII.
Henrique II de Suabia
Rei de Sicilia
Duque de Suabia
Rei dos Romanos
Henry 7 of Germany.jpg
Selo de Hnerique II de Suabia
Rei de Sicilia
1212 - 1217
Predecesor Federico I
Sucesor Federico I
Duque de Suabia
12161235
Predecesor Federico VII
Sucesor Conrado III

Nacemento 1211
Sicilia
Falecemento 12 de febreiro de 1242
Martirano, Calabria, Reino de Sicilia
Consorte Margarita de Austria
Descendencia Henrique
Federico
Casa real Casa de Hohenstaufen
Proxenitores Federico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
Constanza de Aragón

Escudo de Henrique II de Suabia
Escudo de armas dos Hohenstaufen de Sicilia
Henrique II de Suabia, rei dos Romanos, recibindo homenaxe en Würzburg, en 1234.
Miniatura da Crónica do bispo Lorenz Fries (século XVI).

Henrique II de Suabia ou Henrique II de Hohenstaufen, nado en 1211 e finado en Martirano, Calabria, Reino de Sicilia o 12 de febreiro de 1242, foi rei dos Romanos, rei de Sicilia e duque de Suabia.

Era fillo do emperador Federico II e da súa primeira esposa Constanza de Aragón e de Castela, filla do rei Afonso II de Aragón, e irmán maior de Conrado IV de Alemaña, rei dos Romanos.

Entre os gobernantes do Sacro Imperio Romano Xermánico Henrique menciónase como Henrique (VII), xa que non exerceu como rei exclusivo, senón subordinado ao seu pai; ademais esta denominación utilízase para non confundilo co emperador Henrique VII, da casa de Luxemburgo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Minoría de idade[editar | editar a fonte]

Henrique foi o único fillo de Federico II e da súa primeira esposa Constanza de Aragón.[2]

Naceu en Sicilia en 1211. Cando Federico II pretendía a coroa de rei dos Romanos, coroou ao seu fillo Henrique como rei de Sicilia en febreiro de de 1212 (sendo un neno de un ano de idade).[3] En virtude dun acordo co papa Inocencio III establecíase que os reinos de Alemaña e de Sicilia non terían o mesmo gobernante. Porén, á morte do papa (1216), Federico asumiu de novo o título real siciliano.

En Alemaña, Federico II enfeudou ao seu fillo Henrique co Ducado de Suabia, ao extinguirse a familia Zähringer en 1219, e invistiuno como reitor do Reino da Alta Borgoña,[3] título que desapareceu ao ser elixido Henrique como rei dos Romanos.

En abril de 1220 os príncipes alemáns elixiron a Henrique como rei dos Romanos e, a cambio, Federico II renunciou aos dereitos reais (regalia) en favor dos príncipes eclesiásticos (Confoederatio cum Principibus Ecclesiasticis) e en contra das cidades.[3] Porén o papa Honorio III non recoñeceu a elección e privouno dos seus dereitos sobre o Reino de Sicilia, para evitar a unión dos dous reinos.

Cando Federico II foi a Italia en 1220, Henrique foi posto baixo a tutela de Engelberto I, arcebispo de Colonia, que o coroou como rei dos Romanos en maio de 1222 en Aquisgrán.[3] Ao morrer Engelberto en 1225, as relacións entre pai e fillo empezaron a deteriorarse, e o duque de Baviera Luís I encargouse da tutela do rei dos Romanos.

A pesar de que Henrique foi formalmente comprometido coa princesa Inés de Bohemia, filla do rei Otakar I, o matrimoniuo non se celebrou porque a princesa optou pola vida relixiosa.[4] En novembro de 1225 Henrique casou en Núremberg, por disposición de seu pai, con Margarita, filla do duque de Austria Leopoldo VI.[2] Desta unión naceron dous fillos: Henrique e Federico.

Maioría de idade e rebelión[editar | editar a fonte]

En 1228 Henrique entrou en disputa co seu titor o duque Luís I de Baviera, sospeitoso de conspirar contra o emperador Federico II, e ao final dese ano Henrique asumiu o goberno por si mesmo. A súa política favorábel ás cidades molestou á nobreza, a cal forzouno a concedelles no Privilexio de Worms (maio de 1231) privilexios en detrimento do poder real e en contra das cidades.[5]

As disposicións da Dieta de Rávena de 1231, en contra das cidades lombardas, provocou unha nova alianza entre elas (a chamada Liga Lombarda, principal e poderosa inimiga do emperador), vinculándose co malestar en Alemaña. Henrique, oposto aos privilexios en favor da nobreza, non quixo aparecer na Dieta.

Así e todo, en maio de 1232, Henrique prestou obediencia ao seu pai en Cividale, prometendo seguir a política do emperador en favor dos príncipes e obedecer as súas disposicións, xa que seu pai o emperador dependía do apoio dos príncipes en Alemaña para continuar a súa política en Italia, polo que confirmou o Privilegio de Worms en maio de 1232 mediante o Statutum in favorem principum, para garantir o apoio dos príncipes en Alemaña e así proseguir a súa política en Italia.[1]

Con posterioridade chegouse a unha paz temporal coas cidades lombardas en xuño de 1233. Pero á súa volta a Alemaña, o rei Henrique non mantivo a súa palabra e, contradicindo a vontade do emperador, publicou un manifesto aos príncipes erixíndose en símbolo da revolta das cidades en Boppard en 1234.[1]

Reclusión e morte[editar | editar a fonte]

Morte de Henrque II.
Debuxo anónimo do século XV.
Sarcófago de Henrique II.

Federico II reaccionou ao debilitamento do poder real orixginado pola querela co seu fillo. Así, na Reunión Imperial (Reichsversammlung) en Maguncia o 25 de agosto de 1235, promulgou a Primera Lei de Paz do País (Landfriedensgesetz) e os aliados de Henrique foron perdoados na medida do posíbel.

O emperador proscribiu ao seu fillo o 5 de xullo de 1234. Henrique entón pactou unha alianza coas cidades lombardas en decembro. Pero abandonado pola maior parte dos seus seguidores, tivo que renderse ao seu pai o emperador o 2 de xullo de 1235, en Wimpfen. Dous días despois, Federico II e a nobreza xulgaron a Henrique en Worms, destroárono e condenáron a morte. Porén algo máis tarde Federico conmutoulle a pena por cadea perpetua.

Henrique, que contrera lepra, comezou unha longa peregrinación por varias fortalezas da Puglia, no Reino de Sicilia. Morreu o 12 de febreiro de 1242 en Martirano, Calabria a consecuencia dunha caída do seu cabalo cando estaba sendo trasladado a outro castelo ou, quizais, provocada coa intención de suicidarse.

Seu pai deulle sepultura con honores reais na catedral de Cosenza, onde repousa nun sarcófago romano.

O seu irmán menor Conrado foi designado duque de Suabia e elixido rei dos Romanos.

Henrique permaneceu recluído en varios castelos e este illamiento puido ser provocado tanto pola súa saúde como pola súa rebelión, xa que a análise do seu esqueleto en 1998-1999 mostrou que sufría lepra en estado avanzado.

Morreu posibelmente o 12 de febreiro de 1242 en Martirano, Calabria (Reino de Sicilia) a consecuencia dunha caída do seu cabalo cando se trasladou alí desde o castelo de Nicastro.[2]

Seu pai deulle sepultura con honores reais na catedral de Cosenza, onde os seus restois repousan nun antigo sarcófago romano.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Henrique deixou dous fillos, que foron privados dos dereitos de sucesión como o seu pai;

  • O primoxénito Henrique morreu en 1242.
  • Ao segundo, Federico, o seu avó o emperador Federico II confioulle no seu testamento o Ducado de Austria e Marquesado de Estiria, pero nunca asumiu o goberno destas terras e morreu poucos anos máis tarde, en 1251, solteiro e sen descendencia. A súa morte foi relatada por Mateo de París, quen afirmou que tanto el como o seu irmán maior foron envelenados (veneno interfecit).[6]

Investigación paleopatolóxica[editar | editar a fonte]

En 1998 os restos humanos de Henrique VII foron obxecto dun estudo palaeopatolóxico realizado por un equipo dirixido por Gino Fornaciari, da Universidade de Pisa, e por Pietro De Leo, historiador da Universidade de Calabria.

O exame revelou que los restos pertenecían a un home de cerca de 1,66 m de altura, de estrutura física vigorosa e fortes músculos. O esqueleto revelou resultados de traumatismos debidos probabemelnte á práctica da equitación e unha antiga lesión secundaria causada por un traumatismo no xeonllo sufrido na xuventude: a deformación da rótula foi capaz de inducir unha coxeira, que é unha das poucas características coñecidas da aparencia física de Henrique, do que as crónicas dicían que nera rengo.

O exame do cranio e das articulacións das extremidades puxo en evidencia claramente unha facies froto dunha lepra lepromatosa nun discreto grao avanzado, contraída uns anos antes da súa morte. A desfiguración fisognómica era tan severa como para forzar á persoa a un illamiento forzado: debe ser rexeitada a suposta crueldade de Federico II na segregación do seu fillo, e desbótase tamén, na opinión dos autores, a sospeita dun asasinato.

Antepasados[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Federico I
Armoiries Manfred de Sicile.svg
Rei de Sicilia
1212 - 1217
Sucesor:
Federico I
Predecesor:
Federico VII
Duque de Suabia
12161235
Sucesor:
Conrado III
Predecesor:
Federico II
Rei dos Romanos
1220 - 1235
Sucesor:
Conrado IV
contra Guillerme de Holanda

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Abulafia, David (1992). Frederick II: a medieval emperor. Oxford University Press US. p. 237. ISBN 9780195080407. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Runciman, Steven (2000), p. 26.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Welfs, Hohenstaufen and Habsburgs, Michael Toch, en Abulafia, David (1999), 384.
  4. Welfs, Hohenstaufen and Habsburgs, Michael Toch, en Abulafia, David (1999), p. 385.
  5. 1911 LoveToKnow Classic Encyclopedia
  6. Matthæi Parisiensis Monachi Sancti Albani Chronica Majora, Vol. V, 1254, p. 448.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]