Casa da Viúva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa da Viúva
A Casa da Viúva
Coordenadas42°03′38″N 7°08′27″O / 42.06048516526, -7.1408297079294Coordenadas: 42°03′38″N 7°08′27″O / 42.06048516526, -7.1408297079294
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Viúva é un edificio histórico situado na vila da Gudiña, no casco urbano e ao pé da estrada N-525. De cronoloxía indeterminada, con probabilidade foi construído no século XIX. O casal é de estilo popular, con perpiaños de granito e planta rectangular[1]. Ten unhas dimensións de 1200 metros cadrados que se dividen en tres andares.

Historia[editar | editar a fonte]

A principios do século XX, a Casa da Viúva era un despacho de comestibles, café, estanco e surtidor de gasolina rexentado por Florinda Ortega Pérez, nai do alcalde gudiñés da Fronte Popular, Felicísimo Pérez Ortega, e lugar de residencia de ambas. Tralo golpe de Estado de 1936, a Casa da Viúva foi asaltada e Florinda Ortega foi levada presa á cadea de mulleres de Bande. O seu fillo Felicísimo foi quen de fuxir para evitar a execución[2]. En 1993 a Xunta de Galiza adquiriu a Casa da Viúva por 35 millóns de pesetas[3]. A finalidade do edificio era a de centro de divulgación cultural, polo que foi adecuada con espazos para exposicións, conferencias e sala de audiovisuais. A construción, que fai parte da memoria histórica gudiñesa, atópase nun excelente estado de conservación, e ata o ano 2020 acolleu diversos actos culturais, tanto institucionais como provenientes do colectivismo ou de iniciativas particulares. En xuño do ano 2020 transcendeu á prensa que o edificio ía ser convertido en albergue de peregrinos[4]. As obras comezaron en agosto dese ano, e inaugurouse como albergue en xullo de 2021.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Niquelarte (2015-04-05). "A Gudiña [Galiza]". BIComún. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2020-12-29. 
  2. Pereira, D. (29 de decembro de 2020). "1936: a caza do home na bisbarra ourensá das Frieiras". Nós Diario. Consultado o 2020-12-29. 
  3. "La Xunta adquiere la Casa da Viúva, en A Gudiña". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-02-21. Consultado o 2020-12-29. 
  4. "La Casa da Viúva de A Gudiña será albergue para peregrinos". La Región (en castelán). 2020-06-04. Consultado o 2020-12-29. 
  5. "Abre as súas portas o novo albergue “Casa da Viúva” da Gudiña, na Vía da Prata". O Sil. 27 de xullo de 2021.