Felicísimo Pérez Ortega
Felicísimo Pérez Ortega | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1910 |
Lugar de nacemento | A Gudiña |
Falecemento | valor descoñecido |
Lugar de falecemento | valor descoñecido |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Felicísimo Pérez Ortega, nado na Gudiña o 24 de novembro de 1910, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Florinda Ortega Pérez e David Pérez Veleda, comerciantes.[1] Militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo do Fronte Popular foi nomeado alcalde da Gudiña en abril de 1936. Xunto con algúns carabineiros e os obreiros do ferrocarril, conseguiu retardar por uns días o triunfo da sublevación do 18 de xullo de 1936 na zona das Frieiras. Fuxiu a Portugal, colleu un barco e chegou a Marsella e de alí pasouse ao exército republicano onde combateu na Guerra Civil. A súa familia foi sometida a un proceso de expropiación e espoliación, e o establecemento comercial da súa nai, a casa da Viúva, foi asaltada e Florinda Ortega foi levada presa á cadea de mulleres de Bande. Ao rematar a guerra Felicisimo pasou a Francia e exiliouse en Chile. Despois instalouse na Arxentina.[2]
Predecesor: ? |
![]() Alcalde da Gudiña 1936 |
Sucesor: ? |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xulgado Instrutor Provincial de Responsabilidades Políticas de Ourense (España) (1937/1950). Expediente de responsabilidades políticas de Florinda Ortega Pérez. pp. 17; 61. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.1.2.//7186/01.
- ↑ República Argentina (1954-06-21). Boletín Oficial de la República Argentina. 1954 2da sección.