Casa da Torre (Redondela)
Casa da Torre (Redondela) | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | pazo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Redondela ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A casa da Torre é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, cuxo brasón loce na entrada principal do pazo. O estilo do edificio é de tipo renacentista, e na súa fachada érguese unha torre a catro augas que lle dá nome ao pazo.[2] Até o século XIX o pazo aínda contaba cunha estrutura amurallada que o arrodeaba.[3]
Está situado na Praza de Ribadavia, e pola súa beira sur discorre o río Alvedosa.
Ao longo da historia foi a sede municipal antes de situarse a casa do concello onde está na actualidade. Tamén foi empregada coma sede dunha empresa de autobuses.
Na actualidade constitúe o único pazo de titularidade pública do concello, sendo empregado coma o albergue da vila na ruta portuguesa do Camiño de Santiago. Tamén conta cunha biblioteca, un salón de actos e varias salas de exposicións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pazo Torres Agrelo". Caminoxacobeo.
- ↑ Casa da Torre na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Turismo de Redondela". Concello de Rendela. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Juan Manuel López-Chaves Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), pp. 192–193. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2.