Carrie Underwood
Carrie Underwood | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Carrie Marie Underwood |
Data nacemento | 10 de marzo de 1983 (40 anos) |
Nado en | Checotah |
Cónxuxe | Mike Fisher |
Irmáns | Shanna Underwood e Stephanie Underwood |
Ocupación | cantante, actriz, cantautora, compositora, música, pianista, actriz de televisión, actriz de cinema, artista discográfico e deseñador de moda |
Xénero | country |
Instrumento(s) | voz |
Na rede | |
http://www.carrieunderwoodofficial.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() |
Carrie Underwood nada en Muskogee (Oklahoma) o 10 de marzo de 1983 é unha cantante country.[Cómpre referencia]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Deuse a coñecer en 2004 no programa estadounidense de novos talentos American Idol. Obtivo cinco Premios Grammy e foi nomeada en dúas ocasións pola ACM (Academy Country Music Awards) artista do ano. Os seus álbums Some Hearts (2005), Carnival Ride (2007) e Play On (2009) foron grandes éxitos de vendas. Leva vendidos máis de 15 millóns de álbums e máis de 20 millóns de sinxelos.
Colocou 9 cancións no número un das listas country. Ten dez discos de platino (dous LPs e oito sinxelos). O LP Some Hearts foi certificado sétimo platino. Obtivo un número un para un sinxelo(Inside your Heaven) na POP 100 e outro número un para un LP (Carnival Ride) na Billboard 200.
En maio de 2012, lanzou o álbum Blown Away que acadou na primeira semana o número un da Billboard 200, e o número un tamén nas listas country.