American Idol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kelly Clarkson gañadora da primeira edición

American Idol (American Idol: The Search for a Superstar na primeira tempada) é un programa de televisión estadounidense, que consiste nun concurso de talentos na procura do mellor cantante. Creouno Simon Fuller baseado no Pop Idol británico e comezou a emitirse o 11 de xuño de 2002, converténdose nun dos programas máis populares da televisión norteamericana.

Mediante audicións por todo o país o programa procura descubrir o mellor cantante, os xuíces encárganse de realizar as críticas e avaliar a actuación dos participantes, Randy Jackson e Simon Cowell fórono en todas as tempadas e Paula Abdul das tempadas unha a oito e Kara DioGuardi na oito. O público por medio do voto telefónico decide nas últimas fases. O presentador é Ryan Seacrest, o humorista Brian Dunkleman foi copresentador na primeira tempada. A banda de American Idol diríxea Rickey Minor.

Nos Estados Unidos o programa emíteo a Fox os xoves e os venres pola noite, no Canadá tamén a emite en directo a CTV. Noutros países como Australia, Reino Unido ou Israel emítese con algún atraso.

Gañador[editar | editar a fonte]