Carmen Buján Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Buján Freire
2014-DG Li with Spain's Perm. Rep. Freire (cropped to Carmen Buján Freire).jpg
Nome completoCarmen Buján Freire
Nacemento17 de outubro de 1964
Lugar de nacementoBueu
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióndiplomática
Na rede
Dialnet: 3047390
editar datos en Wikidata ]

Carmen Buján Freire, nada o 17 de outubro de 1964 en Bueu,[1] é unha diplomática galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.[2] Ingresou en 1993 na carreira diplomática. Os seus primeiros destinos levárona ás representacións diplomáticas españolas en Romanía, Paquistán e Hungría.[3]

Foi voceira asesora da Unidade de Coordinación da Participación de España no Consello de Seguridade das Nacións Unidas e subdirectora xeral de Asuntos Internacionais de Terrorismo. Tamén foi conselleira na embaixada de España en Buenos Aires e directora xeral de Asuntos Estratéxicos e Terrorismo nos anos 2008 e 2010. Entre agosto e novembro de 2010 foi embaixadora representante permanente de España ante a Oficina das Organización das Nacións Unidas e os Organismos Internacionais con sede en Viena. Entre agosto de 2018[4] e agosto de 2019 traballou como embaixadora de España en Mozambique.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A galega Carmen Buján Freire, nomeada embaixadora en Mozambique". Diario de Pontevedra. 3 de agosto de 2018. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Redacción (9 de agosto de 2019). "Exteriores destituye a la embajadora en Mozambique que había nombrado hace un año". El Mundo. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  3. "Carmen Buján Freire". transparencia.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  4. "Carmen Buján, de Bueu, nova embaixadora en Mozambique". Faro de Vigo. 4 de agosto de 2018. Consultado o 27 de decembro de 2020.