Carlota O'Neill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlota O'Neill
Biografía
Nacemento(es) Carlota Alejandra Regina Micaela O'Neill y de Lamo Editar o valor em Wikidata
27 de marzo de 1905 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 2000 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
México Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora , dramaturga Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRomantic fiction (en) Traducir, drama, novela e biografía Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioCarlota O'Neill
Carlota Lionell
Laura de Noves Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVirgilio Leret (1929–1936)
NaiRegina de Lamo Editar o valor em Wikidata
IrmánsEnriqueta O'Neill Editar o valor em Wikidata
ParentesLidia Falcón (sobriña)
Carlos Enrique Bayo (sobrinho-neto (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Carlota O'Neill, nada en Madrid o 27 de marzo de 1909 e finada en Caracas o 20 de xuño de 2000, foi unha escritora e xornalista feminista española. Esposa do capitán Virgilio Leret, executado tras oporse en Melilla ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu orixe á guerra civil española, pasou cerca de cinco anos en prisión[1], partindo en 1949 aVenezuela [2]. Tamén escribiu baixo os pseudónimos de Carlota Lionell e Laura de Noves.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlota Alejandra Regina Micaela O'Neill Lamo foi filla de Enrique O'Neill Acosta, un diplomático mexicano con ascendencia irlandesa, e da española Regina Lamo Jiménez -alias Nora Avante-, escritora, pianista e apaixonada defensora do sindicalismo e do cooperativismo e colaboradora de Lluís Companys.[3] Tivo unha irmá, Enriqueta O'Neill -alias Regina Flavio-, que tamén foi escritora, ademais de varios medio irmáns dun matrimonio anterior do seu pai. O seu tío Carlos Lamo Jiménez, foi o compañeiro sentimental da escritora e xornalista Rosario de Acuña. Foi tía da política e escritora Lidia Falcón.

Máis tarde, a súa familia trasladouse a Barcelona, onde coñeceu o militar Virgilio Leret, co que tivo dúas fillas, María Gabriela (Mariela) e Carlota (Loti). Carlota e Virgilio casaron cando estaban a esperar a súa segunda filla. Feminista e de esquerdas, Carlota O'Neill escribiu obras dramáticas -coa Central de Teatro Proletari-, estreou en Madrid a súa obra A fuego, o 11 de febreiro de 1933, e fundou e dirixiu a revista Nosotros en 1934. En 1934 ingresou no Ateneo de Madrid e en 1935 en Izquierda Republicana.

Guerra civil española[editar | editar a fonte]

En xullo de 1936 atopábase en Melilla co seu marido e as súas fillas, xa que Leret era o xefe das Forzas Aéreas Zona Oriental de Marrocos e da base de hidroavións do Atalayón, Melilla. Os sublevados acabaron coa resistencia de Leret na base e asasinárono, aínda que a súa esposa non o sabería até tempo despois. Tras o ataque, Carlota O'Neill foi detida o 22 de xullo de 1936 e separada das súas fillas, Carlota e Mariela. Foi xulgada por un tribunal militar dezaoito meses despois da súa detención. Sometérona a Consello de Guerra e foi condenada a seis anos de prisión polo delito de inxurias ao Exército.[4]

O 12 de xullo de 1940, O Tribunal de Responsabilidades Políticas de Melilla abriu unha nova causa a Carlota O'Neill, onde sinalan que o seu influxo predominante sobre o seu esposo, o capitán Leret, e os escritos dos que foi autora, contribuíron a fomentar a situación anárquica e desastrosa que fixo necesaria a iniciación do movemento nacional. Sobre a base disto o fallo do tribunal inhabilitouna durante cinco anos para exercer cargos públicos do estado, provincia e municipio e ao pago dunha sanción económica, cumprindo 3 anos e 9 meses de cárcere durante os cales traballou no semanario Redención, promovido pola Asociación de Propagandistas Católicos.[5]

Liberdade e migración a Venezuela[editar | editar a fonte]

Tras a súa saída do cárcere, en 1941, Carlota O'Neill tivo que facer grandes esforzos por recuperar a custodia das súas fillas, mentres escribía baixo o pseudónimo de Laura de Noves para manterse. Grazas aos contactos de Enriqueta O'Neill co entón Secretario Provincial de Prensa de Barcelona José Bernabé Oliva, leva as fillas a un centro rexentado polas Misioneiras de Cristo Rei en Barcelona[6]. A publicidade en Hoja del Lunes e outras publicacións franquistas promoveu a súa carreira[7][8][9] Tras obter a custodia das súas fillas, emigra en Venezuela en 1949.[10]

En México escribiu, anos despois dos devanditos sucesos, un libro no que narra a súa experiencia na guerra civil española, o seu paso polo cárcere de Vitoria Grande, onde estivo até 1940, os xuízos militares a que estivo sometida, a súa loita para recuperar a custodia das súas fillas unha vez que saíu do cárcere, e a viaxe a Venezuela (non oexilio).[11] Publicado orixinalmente en 1964 en México baixo o título Una mexicana en la guerra de España, en España non se publicaría até 1979 baixo o título: Una mujer en la guerra de España. Dese libro publicáronse sete edicións. O mesmo foi traducido ao inglés, co título de Trapped in Spain, e ao polaco, co título de Spojrzenie zza kr.

Reivindicación do traballo do seu esposo[editar | editar a fonte]

O seu marido Virgilio Leret deseñou un motor turbocompresor de reacción continua. Este invento foi patentado no Rexistro da Propiedade Industrial de Madrid, o 28 de marzo de 1935. O Presidente da República, Manuel Azaña, nomeou a Virgilio Leret profesor da Escola de Mecánicas de Catro Ventos e encargou á Hispano-Suíza de Aviación a construción dun prototipo para setembro de 1936. Leret non chegou a exercer de profesor e o prototipo non se construíu. O deseño ideado por Virgilio Leret estaba á altura dos avances aeronáuticos que se rexistraban en Europa.[12]

Carlota mantivo viva a memoria do seu esposo e difundiu a súa historia, que está recollida no seu libro Unha muller na guerra de España. O que conta no seu libro é que, despois do fusilamento de Virgilio Leret, mandáronlle as súas pertenzas mentres ela estaba no cárcere. Segundo a autora, estas incluían tres copias dos planos do motor, que conseguiu que sacasen clandestinamente e que fosen gardadas na casa do pai doutra das reclusas.[13] En 1940 entregou os planos e a memoria do invento ao comandante James Dickson, agregado aéreo do Reino Unido en Madrid, coa esperanza de que o traballo de Virgilio Leret fose de axuda aos aliados na segunda guerra mundial. Aínda que a familia de Leret en España mantén unha copia manuscrita dos plans e da memoria[14].

En 1971 Carlota preguntou ao Goberno británico que ocorreu cos planos do motor entregados 30 anos atrás na súa embaixada en Madrid e non obtivo resposta.[15]

Legado e polémica coa familia do seu marido[editar | editar a fonte]

En 2007, unha rúa en Madrid foi renomeada no seu honor. En 2017, a familia Leret en España iniciou unha campaña para esixir o cambio de nome da rúa en Madrid, denunciando que Carlota O'Neill fora colaboradora do réxime franquista[16]

Obras[editar | editar a fonte]

Como Carlota O'Neill[editar | editar a fonte]

Novelas románticas[editar | editar a fonte]

  • ¡No teneis corazón! (1924)
  • Eva Glaydthon (1924)
  • Historia de un beso (1925)
  • Pigmalión (1925)[17]

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • ¿Que sabe usted de Safo?: amó a las mujeres y a los hombres (1960)
  • "Amor": diario de una desintoxicación (1963)
  • La verdad de Venezuela (1968)
  • Los muertos también hablan (1973)
  • Teatro (1974)
  • Romanza de las rejas: prosa poética (1977)
  • Cinco maneras de morir: diálogos (1982)
  • Circe y los cerdos; Como fué España encadenada; Los que non pudieron huir (1997)

Autobiográfica[editar | editar a fonte]

  • Una mujer en la guerra de España = Una mexicana en la guerra de España (1964)

Como Carlota Lionell[editar | editar a fonte]

Biografía novelada[editar | editar a fonte]

  • La triste romanza de amor de Franz Schubert (1942)

Como Laura de Noves[editar | editar a fonte]

Biografías noveladas[editar | editar a fonte]

  • Rascacielos (1942)
  • Beso a usted la mano señora (1943)
  • Esposa fugitiva (1943)
  • Al servicio del corazón (1945)
  • En mitad del corazón (1949)
  • …y la luz se hizo
  • ¿Quiere usted ser mi marido?
  • La señorita del antifaz
  • Las amó a todas
  • No fue vencida
  • Patricia Packerson pierde el tren
  • Vidas divergentes[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1][Ligazón morta] Virginia O’Neill. República.
  2. [2][Ligazón morta] Virginia O’Neill. República.
  3. "Carlota O'Neill escribió la primera crónica de la Guerra Civil Española. 17 de julio de 1936.". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 10 de abril de 2018. 
  4. El holocausto español. Odio y exterminio en la Guerra Civil y después. Random House Mondadori. 2011. ISBN 978-84-8306-852-6. 
  5. [3][Ligazón morta]
  6. http://www.carlosleretubeda.es/virgilio/index.php?option=com_content&view=article&ide=112:sas&catid=88&Itemid=448&lang=es[Ligazón morta]
  7. Laura de Noves (1944). "Imperio : Diario de Zamora de Falange Española de las J.O.N.S.". Imperio: Diario de Zamora de Falange Española de las JONS. 
  8. Laura de Noves (1943). "Pensamiento alavés : Año XII Número 3124". Pensamiento Alavés. 
  9. Laura de Noves (1942). "Hoja oficial de la provincia de Barcelona : Época Tercera Número 166". Hoja Oficial de la Provincia de Barcelona. 
  10. [4][Ligazón morta] Virginia O’Neill. República.
  11. "Un documental rescata la figura del militar e ingeniero pamplonés Virgilio Leret Ruiz". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 10 de abril de 2018. 
  12. "ETB presenta el documental 'Virgilio Leret, El Caballero del Azul'". Euskal Irrati Telebista (en castelán). Consultado o 2020-05-02. 
  13. Fuente, Inmaculada de la (2004-12-11). "La memoria dolorida de Carlota O'Neill". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-05-02. 
  14. http://www.congresovictimasfranquismo.org/wp-content/uploads/2011/12/14.-familia-de-Virgilio-Leret.-Homenaje-a-Virgilio-Leret.pdf
  15. Virgilio Leret, el caballero del azul. rtve.es. 
  16. "Petición de justicia: Una calle para el asesinado, Virgilio Leret Ruiz, y no para el fascista, Comandante Zorita". rojoynegro.info. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o 2020-05-02. 
  17. Carlota O'Neill en BiblioRomance[Ligazón morta]
  18. "Laura de Noves". www.biblioromance.es. Consultado o 2020-05-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]