Carlos de Borbón-Dúas Sicilias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1938 Lausana, Suíza |
Morte | 5 de outubro de 2015 (77 anos) Retuerta del Bullaque, España (pt) |
Lugar de sepultura | Mosteiro do Escorial |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Infante de España Prince of Bourbon-Two Sicilies (en) |
Familia | Princesas de Bourbon-Duas Sicílias pelo casamento (pt) |
Cónxuxe | Ana de Orleans (1965–2015), morte |
Fillos | Princess Cristina of Bourbon-Two Sicilies, María of Bourbon-Two Sicilies, Prince Pedro of Bourbon-Two Sicilies, Princess Inès of Bourbon-Two Sicilies, Princess Victoria of Bourbon-Two Sicilies |
Pais | Afonso, Duque da Calábria e Alicia de Borbón-Parma |
Premios | |
Carlos de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma, nado en Lausana o 16 de xaneiro de 1938 e finado en Retuerta del Bullaque (Cidade Real) o 5 de outubro de 2015, foi un infante de España, príncipe das Dúas Sicilias, duque de Calabria, conde de Caserta e xefe da Casa Real de Borbón-Dúas Sicilias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón (1901-1964) e da princesa Alicia de Borbón-Parma (1917-2017). Neto por vía paterna da princesa de Asturias Mercedes de Borbón e Habsburgo-Lorena (1880-1904), irmá de Afonso XIII, e do infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias (1870-1949).
O seu curmán, o rei Xoán Carlos I, concedeulle o título de infante de España o 16 de decembro de 1994. Tamén foi presidente do Real Consello das Ordes Militares de Santiago, Calatrava, Alcántara e Montesa. Foi un dos dous pretendentes ao desaparecido trono das Dúas Sicilias.
O infante Carlos ocuparía o primeiro posto na liña de sucesión á coroa española logo dos descendentes do rei Xoán Carlos I se se considerase oficialmente que as irmás do rei, as infantas Pilar e Margarida, quedaron excluídas da sucesión ao contraer matrimonio con persoas que non pertencían a algunha familia real, como prescribía a pragmática sanción do rei Carlos III que regulaba os matrimonios da Casa Real Española. A Pragmática Sanción quedou derrogada de facto pola Constitución española de 1978 pero a aprobación do texto constitucional foi posterior aos matrimonios das infantas. Actualmente non se determinou con carácter oficial se as infantas Pilar e Margarida quedaron ou non apartadas da sucesión.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Carlos de Borbón-Dúas Sicilias contraeu matrimonio o 12 de maio de 1965 na capela Real de Dreux coa princesa Ana de Orleáns (n. 4 de decembro de 1938). Ana de Orleáns é filla do príncipe Henrique de Orleáns, conde de París (1908-1999) e a princesa Isabel de Orleáns-Bragança (1911-2003). O matrimonio tivo cinco fillos:
- Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1966, casada con Pedro López-Quesada y Fernández-Urrutia e nai dunha filla, Victoria, e dun fillo, Pedro.
- María de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1967, casada coa súa Alteza Imperial e Real o Arquiduque Simeón de Austria e nai de tres fillos: Johannes, Ludwig e Philipp; e de dúas fillas, Isabel e Carlota.
- Pedro de Borbón-Dúas Sicilias, duque de Noto, n. 1968, casado con Sofía Landaluce y Melgarejo e pai de seis fillos (Jaime, Juan, Pablo, Pedro, Sofía, e unha filla recentemente nacida en abril de 2011).
- Inés de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1971, casada co Nobre napolitano Michele Carelli Palombi di Marchesi di Raiano e nai de dúas fillas, Teresa e Branca.
- Vitoria de Borbón-Dúas Sicilias, n. 1976, casada con Markos Nomikos e nai de dous fillos, Anastasios e Carlos; e dunha filla, Ana.