Alicia de Borbón-Parma
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Princess Alicia Maria Teresa Francesca Luisa Pia Anna Valeria of Bourbon-Parma 13 de novembro de 1917 Viena, Austria |
Morte | 28 de marzo de 2017 (99 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Prinz Bourbon-Parma Gruftkapelle (en) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | criador de cans, criador de cabalos |
Outro | |
Título | Princess of Parma (en) (1950–) Princesa (1936–) Infanta (1936–) Princess of Bourbon-Parma (en) (1917–1950) |
Familia | Casa de Bourbon-Parma (pt) , Casa de Borbón-Anjou e Princesas de Bourbon-Duas Sicílias pelo casamento (pt) |
Cónxuxe | Afonso, Duque da Calábria (1936–) |
Fillos | Princess Teresa, Duchess of Salerno, Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, Princess Inés, Duchess of Syracuse |
Pais | Elias, Duque de Parma e Maria Ana de Áustria, duquesa de Parma |
Irmáns | Maria Cristina de Bourbon-Parma Robert II van Bourbon-Parma |
Alicia de Borbón-Parma e Habsburgo-Lorena, nada en Viena o 12 de novembro de 1917 e finada en Madrid o 28 de marzo de 2017, foi unha nobre española que recibiu o tratamento de infanta de España. Ostentou os títulos de Princesa de Borbón-Parma, princesa das Dúas Sicilias, duquesa viúva de Calabria e condesa viúva de Caserta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla de Elías I, duque de Parma (1880-1959) e da arquiduquesa María Ana de Austria (1882-1940). Neta por vía paterna do duque Roberto I de Parma e da princesa María Pía de Borbón-Dúas Sicilias (filla do Rei Fernando II das Dúas Sicilias). Por vía materna é neta do arquiduque Federico, duque de Teschen e da princesa Isabel de Croÿ. A súa nai a arquiduquesa María Ana de Austria era sobriña da raíña María Cristina de España, esposa do rei Afonso XII.
A infanta Alicia foi a única dos oito fillos do duque Elías de Parma en contraer matrimonio. Foi o 16 de abril de 1936 en Viena co infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón (1901-1964).
O matrimonio tivo tres fillos:
- A princesa Teresa de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma, Duquesa de Salerno. Casada con Íñigo Moreno y de Arteaga, 12º Marqués de Laula. Con descendencia.
- Carlos de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma. Infante de España, príncipe das Dúas-Sicilias, duque de Calabria, conde de Caserta.
- A princesa Inés María de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma, Duquesa de Siracusa. Casou con Luís Morales y Aguado. En 1978 a parella divorciouse. Con descendencia.
Ascendencia
[editar | editar a fonte]Predecesor: Princesa María Luisa de Baviera |
Duquesa consorte de Calabria 1960-1964 |
Sucesor: Princesa Ana de Francia |