Carlos Valdés García
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Carlos Valdés García | |
---|---|
Nacemento | 1974 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | tradutor, editor literario e debuxante |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Valdés García, nado en Madrid en 1974, é un filólogo, ilustrador e tradutor, residente en Galicia. É cofundador canda Celia Recarey da editorial Irmás Cartoné[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid.
É responsable da tradución ao galego de obras de Nella Larsen, Nathanael West ou H. G. Wells.
É un dos membros responsables da Mesa do Libro de Compostela, coorganizadora da Semana do Libro de Compostela[2].
Obra[editar | editar a fonte]
Traducións ao galego[editar | editar a fonte]
- O triunfo do ovo, de Sherwood Anderson, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-3-2 (traducido xunto con Celia Recarey)
- Nunha pensión alemá, de Katherine Mansfield, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-4-9 (traducido xunto con Celia Recarey)
- O día da lagosta, de Nathanael West, 2016, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-9-4.
- Pasar, de Nella Larsen, 2017, Irmás Cartoné. ISBN 978-8494541179.
- O conto da criada, de Margaret Atwood, de 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-3-9 (traducido xunto con Celia Recarey)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Quen Somos", na páxina web da editorial.
- ↑ A segunda edición da SELIC encherá a Quintana de actividades arredor do libro do 1 ao 10 de xuño.