The Handmaid's Tale (en) A szolgálólány meséje (hu) Sluškinjina priča (hr) Il racconto dell'Ancella (it) O conto da aia (pt) Galaad 2195 (ro) El cuento de la criada (es) Příběh služebnice (cs) Der Report der Magd (de) La Servante écarlate (fr) Разказът на прислужницата (bg) Аповед служанкі (be-tarask)
O conto da criada (en inglés:The Handmaid's Tale) é unha novela distópica[1] da autora canadense Margaret Atwood,[2][3] publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos.[4] A novela céntrase na historia da criada Offred. O seu nome provén da forma do posesivo en inglés "of Fred"; as criadas teñen prohibido usar os seus nomes de nacemento e deben obedencia ó seu home, ou mestre, ó cal serven.
The Handmaid's Tale explora os temas da muller suxugada na sociedade patriarcal e nas diferentes maneiras nas que esas mulleres tentan gañar individualismo e independencia persoal. O título da novela componse de partes de Os contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer, que é unha serie de historias conectadas ("The Merchant's Tale", "The Parson's Tale", etc.).[5]
Logo dun golpe militar que acabou co presidente e que foi atribuído ó terrorismo islámico, uns políticos teócratas chegan ó poder dos Estados Unidos, que pasan a denominarse república de Galaad. Coa excusa da defensa contra a violencia, aumentan o autoritarismo e diminúen as liberdades e os dereitos sociais, comezando por suprimir a liberdade de prensa e os dereitos das mulleres. As mulleres divídense en castas e promóvese o medo e a sospeita entre elas. A "criada" é unha muller que se considera única e exclusivamente un obxecto cuxo único valor está nos seus ovarios, sendo un receptáculo preciso para acadar o nivel de novos nacementos desexado en Gilead para manter o seu modelo de sociedade.
Nesta sociedade, Defred é unha muller que perde os seus cartos, o seu emprego e mesmo o seu nome, que pasa a ser o do seu dono, ó ser asignada como un tipo de escrava denominada "criada" dun home, o "comandante". Dende entón estalle prohibido ter propiedades, autonomía económica ou independencia social, saír da casa onde vive (se non é para facer compras para a casa), falar, ler ou ter algún tipo de comunicación que non sexa cos seus propietarios, ningún tipo de actividade intelectual nin de liberdade sobre a súa imaxe e aparencia física e mesmo sobre o seu corpo, incluíndo a súa alimentación e as súas relacións sexuais, xa que non pode telas con ninguén agás co seu dono, que a pode violar unha vez ó mes, durante a Cerimonia, supostamente co obxectivo de procrear.