O triunfo do ovo[1] (en inglés:The Triumph of the Egg, tamén coñecido polo título completo O triunfo do ovo. Un libro de impresións sobre a vida americana en relatos e poemas, en inglés:The Triumph of the Egg: A Book of Impressions from American Life in Tales and Poems) é un libro publicado orixinalmente en 1921 escrito polo estadounidense Sherwood Anderson. Foi o terceiro libro de Anderson en ser publicado por B.W. Huebsch e a súa segunda colección de historias despois do éxito de Winesburg, Ohio. O libro contén 15 historias precedidas por fotografías de sete esculturas de barro da muller de Anderson naquel entón, feitas polo escultor Tennessee Mitchell, que foron inspiradas polas personaxes do libro.