Carlos Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Javier Marcos Blanco»)
Infotaula de personaCarlos Marcos
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , copiloto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Carlos Marcos Blanco, nado na Coruña o 6 de agosto de 1961, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela.[1]. Nos anos 80 fundou Unión Coruñesa, partido que non acadou o apoio necesario para entrar no Concello da Coruña como concelleiro. Nesa mesma época fundou a revista Estilo Galicia e competiu en rallys como copiloto de José Mora,[2] disputando o Campionato de España de Rallys de Terra e quedando cuarto en 1990.[3]

No ano 2007 preséntase como cabeza de lista na Coruña do Partido Galeguista ás eleccións municipais, e non obtén representación no concello. Despois deste fracaso, aliouse co ex-concelleiro do PP Fernando Rodríguez Corcoba, que tamén se presentara sen éxito como independente ás eleccións municipais, para reflotar Unión Coruñesa, unha formación local de dereitas que xa cofundara canda José González Dopeso.

É defensor do emprego do topónimo La Coruña, contrario á Lei de normalización lingüística [4] e á Lei de memoria histórica de España.[5]

“A nosotros [A Coruña] se nos discriminó porque a Santiago no le llaman ‘San Iago’ ni a Vigo ‘Aldea de aldeas’”
Entrevista a Carlos Marcos, en Xornal de Galicia o 17 de novembro de 2009. (en castelán)

Denunciou o proxecto Wikipedia perante un xuíz por cualificar a súa formación política de xenófoba e ultradereitista.[6] En 2018 afiliouse a Vox.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten tres fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha na web de UC Arquivado 26 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. "Regreso a los felices ochenta". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de novembro de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  3. "Clasificacións rallys nacionais 1990" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  4. Propondremos la eliminación de la Concejalía de Normalización Lingüística y pediremos la creación de la Concejalía de Normalidad Lingüística en La Coruña Arquivado 08 de abril de 2011 en Wayback Machine., entrevista en Xornal de Galicia o 6 de abril de 2011. (en castelán)
  5. (...) Creo que en los movimientos organizados de las asociaciones de memoria histórica hay mucho rencor, mucho odio y poca concordia.
  6. Carlos Marcos denunciará a Wikipedia por llamarle ultraderechista y xenófobo, en La Opinión o 2 de xuño de 2009. (en castelán)
  7. "Carlos Marcos, del Partido Galeguista a Vox" (en castelán). 10de abril de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]