Carlos Basilio Ezeta
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de xuño de 1852 San Salvador |
| Morte | 21 de marzo de 1903 Mazatlán |
| 22 de xuño de 1890 – 9 de xuño de 1894 ← Francisco Menéndez Valdivieso – Rafael Antonio Gutiérrez → | |
| General Commander of the Santa Ana Department (en) | |
| 13 de setembro de 1887 – ← Joaquín Pérez Arévalo Nomeado por: Francisco Menéndez Valdivieso | |
| Governor of the San Vicente Department (en) | |
| xuño de 1886 – 7 de agosto de 1886 | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Cónxuxe | Josefa Marroquín Meza |
| Pais | Eligio Ezeta |
| Irmáns | Antonio Ezeta |
Carlos Basilio Ezeta, nado en San Salvador o 14 de xuño de 1852 e finado en Mazatlán (México) o 21 de marzo de 1903, foi un militar, presidente do Salvador entre o 22 de xuño de 1890 e o 10 de xuño de 1894. O primeiro ano de maneira provisional tras derrocar nun golpe de Estado a Francisco Menéndez.
Ingresou na Escola Militar en 1867 para incorporarse ao exército en 1871 como subtenente. Participou nos enfrontamentos con Honduras en 1872 e 1873, sendo ferido.
Despois de diversas estancias en Costa Rica, Estados Unidos e Guatemala, regresou definitivamente ao Salvador en 1885. Durante o goberno de Francisco Menéndez, xa como xeneral, participou como Xeneral en Xefe para sufocar a rebelión de Cojutepeque. O seu último cargo antes do golpe de Estado foi de Inspector Xeral do Exército.
Presidencia
[editar | editar a fonte]
Durante a súa administración tivo lugar a guerra do Totoposte con Guatemala, chamada así porque o presidente guatemalteco, o xeneral Manuel Lisandro Barillas mobilizou tropas á fronteira, pero estas nunca chegaron a combater; desta forma, a guerra só serviu para mandar provisións de maínzo moído (totoposte) ás tropas.[1] Nesta guerra, O Salvador obtivo a vitoria coa sinatura do tratado de paz en agosto de 1890 promovido polo Corpo Diplomático acreditado de ambos países.
O 18 de abril de 1891 fundou a Oficina de Enxeñeiros, agregada ao Ministerio de Fomento.[2]
Ezeta foi derrocado pola revolución dos 44. Acabou en Mazatlán, Sinaloa, México, onde faleceu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hernández de León, Federico (1930). El libro de las efemérides. Tomo III. Guatemala: Tipografía Sánchez y De Guise.
- ↑ "Cartera de Fomento" (PDF). Diario Oficial (Tomo 30 Número 90) (San Salvador). 20 de abril de 1891. p. 523. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Presidente do Salvador | ||
|---|---|---|
Segue a: Francisco Menéndez Valdivieso |
Carlos Basilio Ezeta | Precede a: Rafael Antonio Gutiérrez |
| militar | ||