Carlos, duque de Madrid
Carlos, duque de Madrid | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Carlos María de Borbón y Austria-Este |
Nacemento | 30 de marzo de 1848 e 1848 |
Lugar de nacemento | Liubliana |
Falecemento | 18 de xullo de 1909 e 1909 |
Lugar de falecemento | Varese |
Soterrado | Trieste Cathedral |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Pai | Xoán, conde de Montizón |
Nai | Maria Beatriz de Áustria-Este |
Cónxuxe | Margarida de Bourbon-Parma e Maria Berta de Rohan |
Fillos | Branca de Espanha, Xaime, duque de Madrid, Elvira María Teresa Enrique de Borbón y Borbón Parma, Beatriz Teresa Carlota de Borbón y Borbón Parma, Alicia de Borbón y Borbón-Parma e Georges Comnene |
Irmáns | Afonso Carlos, duque de San Jaime |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Carlos María de los Dolores Borbón, nado en Liubliana o 30 de marzo de 1848 e finado en Varese o 18 de xullo de 1909, foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos VII (1868-1909), tamén coñecido como duque de Madrid.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Xoán, conde de Montizón e de Beatriz de Austria-Leste, tras a separación de seus pais, educouse coa nai en Módena. Pasou a adolescencia en Praga, Venecia e Viena. En 1867 casou con Margarida de Parma. En xullo de 1868 celebrou unha xuntanza en Londres coas principais figuras do carlismo para relanzar o movemento, aproveitando a crise do réxime isabelina. O 3 de outubro de 1868, Carlos converteuse no pretendente da dinastía carlista ao trono español, aínda que boa parte dos carlistas xa o tiñan como o seu rei dende 1864, cando a princesa de Beira o proclamou como o rei lexítimo na Carta aos españois.
En outubro de 1869 deulle a dirección político militar do carlismo a Ramón Cabrera, quen dimitiu en marzo de 1870 debido a discrepancias co pretendente e con notables figuras do carlismo, Carlos decidiu asumir persoalmente a xefatura do carlismo tras a conferencia que en Vevey xuntara aos notables carlistas en abril, creou unha xunta central do partido que actuaba legalmente en España, a Comuñón Católico-Monárquica, que presidía o marqués de Villadarias e que tiña como secretario a Joaquín María Múzquiz e xuntas locais nos concellos onde o carlismo tiña implantación e organizouse unha rede de casinos e centros carlistas para espallar a idea carlista, e nas eleccións de 1871 o carlismo conseguiu 50 deputados no Congreso dos deputados.
Pero foi a vía militar a que prevaleceu e deu orde aos seus partidarios para sublevarse o 21 de abril de 1872, foi o comezo da Terceira Guerra Carlista. O 2 de maio Carlos cruzou a fronteira francesa en Navarra e púxose á fronte do alzamento, pero o 4 de maio o xeneral isabelino Domingo Moriones entrou por sorpresa no acampamento carlista en Orokieta e o pretendente tivo que cruzar precipitadamante a fronteira francesa poñendo fin, momentaneamente, a insurrección no País Vasco e Navarra. O 16 de xullo de 1873 o pretendente volveu entrar en España e moveuse por todo o País Vasco e Navarra co seu exército, aínda que a corte residiu sobre todo en Estella e Durango. O 28 de febreiro de 1876 tras a definitiva derrota das forzas carlistas marchou de novo ao exilio. Tras unha breve estadía en Francia e Londres marchou para os Estados Unidos e México e á volta estableceuse en París, tras a súa expulsión en 1881 estableceuse en Venecia. En 1879 nomeou a Cándido Nocedal como representante do carlismo en España, a súa política levou a escisións e malestar entre os carlistas españois, polo que tras a morte deste en 1885 asumiu directamente a dirección do carlismo español ata 1890. Morreu en xullo de 1909 en Varese e substituíuno o seu fillo Xaime á fronte da dinastía carlista.