Cardiotrofina 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cardiotrofina-1»)
cardiotrofina 1
Identificadores
Símbolo CTF1, CT1, CT-1
Entrez 1489
HUGO 2499
OMIM

600435

RefSeq NM_001330
UniProt Q16619
Outros datos
Locus Cr. 16 p11.2-16p11.1

A cardiotrofina-1 (CT-1) é unha citocina. É un factor proteico hipertrófico cardíaco de 21,5 kDa, membro da familia de citocinas da IL-6.

Patoloxía[editar | editar a fonte]

A CT-1 está asociado coa fisiopatoloxía de doenzas cardíacas, como a hipertensión, infarto de miocardio, enfermidade cardíaca valvular e insuficiencia cardíaca conxestiva.

Modo de acción[editar | editar a fonte]

Esta proteína exerce os seus efectos celulares interaccionando co heterodímero glicoproteína 130 (gp130)/receptor beta do factor inhibidor da leucemia (LIFR). Ademais, a CT-1 activa a fosfatidilinositol 3-quinase (PI-3 quinase) en cardiomiocitos e potencia as actividades de unión ao ADN do factor de transcrición NF-κB.

A CT-1 exprésase abundantemente no corazón, músculo esquelético, próstata e ovario e en menores niveis nos pulmóns, riles, páncreas, timo, testículos e intestino delgado. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Recombinant human Cardiotrophin 1 protein (ab9838)". www.abcam.com (en inglés). Consultado o 2017-08-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.