Cardiotrofina 1
cardiotrofina 1
| |
Identificadores | |
Símbolo | CTF1, CT1, CT-1 |
Entrez | 1489 |
HUGO | 2499 |
OMIM | |
RefSeq | NM_001330 |
UniProt | Q16619 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 16 p11.2-16p11.1 |
A cardiotrofina-1 (CT-1) é unha citocina. É un factor proteico hipertrófico cardíaco de 21,5 kDa, membro da familia de citocinas da IL-6.
Patoloxía
[editar | editar a fonte]A CT-1 está asociado coa fisiopatoloxía de doenzas cardíacas, como a hipertensión, infarto de miocardio, enfermidade cardíaca valvular e insuficiencia cardíaca conxestiva.
Modo de acción
[editar | editar a fonte]Esta proteína exerce os seus efectos celulares interaccionando co heterodímero glicoproteína 130 (gp130)/receptor beta do factor inhibidor da leucemia (LIFR). Ademais, a CT-1 activa a fosfatidilinositol 3-quinase (PI-3 quinase) en cardiomiocitos e potencia as actividades de unión ao ADN do factor de transcrición NF-κB.
A CT-1 exprésase abundantemente no corazón, músculo esquelético, próstata e ovario e en menores niveis nos pulmóns, riles, páncreas, timo, testículos e intestino delgado. [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Recombinant human Cardiotrophin 1 protein (ab9838)". www.abcam.com (en inglés). Consultado o 2017-08-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- cardiotrophin 1 Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- Irving, Michael (August 8, 2017). "The protein that can make your heart think you exercise". newatlas.com (en inglés). Consultado o 2017-08-09.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |