Carcinoma inflamatorio de mama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carcinoma inflamatorio de mama
Clasificación e recursos externos
ICD-O:8530/3
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O carcinoma inflamatorio de mama é un dos tipos máis agresivos de cancro de mama.[1] Pode ocorrer en mulleres de calquera idade e, aínda que de forma extremamente rara, tamén en homes. É denominado inflamatorio porque aparece frecuentemente con síntomas que se asemellan ós dunha inflamación. A pesar do nome, está aínda en investigación se a inflamación contribúe ou non para o desenvolvemento de cancro inflamatorio.[2] Porén, pode manifestar sinais e síntomas variados, frecuentemente sen tumores detectables, sendo por iso indetectable en mamografías ou ecografías.[3]

Os síntomas máis comúns son a inchazón de aparición súbita, por veces asociado a alteracións cutáneas e retracción da mamila. Entre outros síntomas están o súbito aumento do tamaño da mama, cor vermella, proído persistente e pel quente no tacto. No inicio, o cancro inflamatorio de mama aseméllase á mastite. Só 50-75% dos casos manifestan esta presentación típica. Os síntomas poden ser completamente atípicos, como trombose venosa.

O cancro inflamatorio é responsable só por unha pequena porcentaxe dos casos de cancro de mama, 1 a 6% nos Estados Unidos,[4] e moitas veces diagnosticado en mulleres mozas, aínda que a idade media de diagnóstico non sexa moi distinto da doutros tipos de cancro de mama (de media 57 anos).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. National Cancer Institute (ed.). "Inflammatory Breast Cancer: Questions and Answers". Consultado o 2 de decembro de 2006. 
  2. Fouad, Tamer M.; Kogawa, Takahiro; Reuben, James M.; Ueno, Naoto T. (1 de xaneiro de 2014). "The role of inflammation in inflammatory breast cancer". Advances in Experimental Medicine and Biology 816: 53–73. ISSN 0065-2598. PMID 24818719. doi:10.1007/978-3-0348-0837-8_3. 
  3. Susan G. Komen for the Cure (ed.). "Facts for Life - Inflammatory Breast Cancer" (PDF). Consultado o 2 de decembro de 2006. 
  4. Wingo, Phillis. "Population-based statistics for women with inflammatory breast cancer (United States)." Cancer Causes and Control 15 (2004): 321-28
  5. Gordon, Lisa. "Picture This." CLINICAL JOURNAL OF ONCOLOGY NURSING 5 (2001). EBSCO. Academic Search Complete. 02 Apr. 2009