Canle de San Lourenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°41′00″N 77°57′00″O / 43.68333333, -77.95

Esclusas da canle de Eisenhower.

Na súa acepción máis ampla, a Canle de San Lourenzo (en inglés: Saint Lawrence Seaway, en francés: voie maritime du Saint-Laurent) é un curso de auga profundo, de 3.700 km de lonxitude, un sistema de canles que permite aos buques procedentes do océano Atlántico alcanzar a cabeza dos Grandes Lagos de América do Norte ata o lago Superior. Pero segundo a lei, esténdese só desde Montreal ao lago Erie, incluíndo a canle Welland que permite salvar as cataratas do Niágara.

Características[editar | editar a fonte]

A primeira parte da vía marítima é unha cadea de canles ao longo do río San Lourenzo que comprende sete esclusas (cinco canadenses, dúas americanas). A vía comeza no porto de Montreal, onde a canle do South Shore (esclusas Saint-Lambert e Sainte-Catherine) permite salvar os rápidos de Lachine. Ao oeste da illa de Montreal e do lago San Luís, a canle e as dúas esclusas de Beauharnois permiten ir máis aló da central hidroeléctrica de Beauharnois.

A vía marítima deixa Quebec polo lago Saint-François e a Primeira nación do Consello dos mohawk de Akwesasne para pasar entre a provincia de Ontario e o estado de Nova York ata o lago Ontario. A canle Wiley-Dondero (esclusas Snell e Eisenhower) permite ir máis aló da central hidroeléctrica Moses-Saunders. A esclusa curta de Iroquois tamén permite ir máis aló da presa Iroquois que controla o nivel do lago Ontario.

A vía marítima abriuse á navegación o 25 de abril de 1959 (apertura oficial o 26 de xuño de 1959 pola raíña Isabel II do Reino Unido e o presidente norteamericano Dwight D. Eisenhower). A canle está baixo unha administración conxunta canadense e americana.

A construción da vía marítima supuxo a introdución involuntaria de especies non indíxenas animais e vexetais nos ecosistemas acuáticos de San Lourenzo e dos Grandes Lagos, como o mexillón cebra e a lamprea de mar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]