Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato de Europa de hóckey a patíns feminino 2013
TipoCampionato de Europa de hóckey a patíns feminino Editar o valor em Wikidata
OrganizadorCERH Editar o valor em Wikidata
Número de participantes4 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónMieres (provincia de Asturias) 43°15′00″N 5°46′36″O / 43.25, -5.7766666666667Coordenadas: 43°15′00″N 5°46′36″O / 43.25, -5.7766666666667 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo17 de decembro de 2013 – 21 de decembro de 2013 Editar o valor em Wikidata
Número de edición12  (2013) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoSpain women's national roller hockey team Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos10 Editar o valor em Wikidata

O Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino 2013, foi a 12ª edición do Campionato de Europa de hóckey a patíns feminino. A competición disputouse na cidade asturiana de Mieres (España), que acolleu o torneo por primeira vez. O campionato comezou o 17 de decembro de 2018 e finalizou o 21 de decembro coa disputa da final.

Nesta edición participaron un total de 4 equipos, un menos que na edición anterior. Aos combinados de España, Portugal e Francia, participantes nesta edición estiveron presentes na edición anterior disputada dous anos antes en Wuppertal (Alemaña), uniuse a selección de Italia. Disputáronse un total de 6 partidos nos tres días de competición.

Ao final da competición a selección española revalidou o título conseguido na edición anterior, facéndose así co seu cuarto título continental, e terceiro consecutivo, algo que ata o momento só conseguira a selección portuguesa entre 1995 e 1999.[1]

Organización[editar | editar a fonte]

En xuño de 2013 anunciouse a designación do Pavillón Visiola Rollán, na localidade asturiana de Mieres como sede da 12ª edición do Campionato de Europa Feminino. A competición foi organizada pola Real Federación Española de Patinaxe coa colaboración de Assyssport, CyC e Grupo Asturema.[2]

Aínda que inicialmente o campionato debía terse celebrado entre os días 9 e 14 de setembro, o día 20 de xullo a executiva do CERH tomou a decisión de suspender o campionato de acordo co disposto no artigo 1.1 do regulamento de eventos deportivos da CERS, que sinala:[3]

... todos os Campionatos Europeos deben ter, canto menos, a participación de cinco países distintos.

Ante o malestar da Real Federación Española de Patinaxe pola suspensión do Campionato, para cuxa celebración xa se destinaran recursos, o CERH informou de que realizaría as xestións necesarias para que se puidera realizar no mes de novembro ou decembro dese mesmo ano.[3] Finalmente, a finais do mes de novembro, o CERH comunicou o calendario do Campionato de Europa, que contaría finalmente con catro equipos (España, Francia, Italia e Portugal), e que se disputaría entre os días 17 de 21 de decembro de 2013. No mesmo comunicado o máximo organismo do hóckey a patíns europeo sinalou o sistema de competición, que constou de dúas fases:[4]

  • Unha primeira fase en forma de liguiña na que todos os equipos se enfrontaron entre si.
  • Unha fase final na que o primeiro equipo clasificado se enfrontou ao cuarto, e o segundo ao terceiro en semifinais. Os gañadores deses enfrontamentos disputaron a final, mentres que os perderores disputáronse o terceiro e cuarto posto.

No mediodía do 17 de decembro, poucas horas antes do inicio da competición, tivo lugar a recepción da alcaldía da cidade de Mieres ás catro seleccións participantes, así como aos corpos técnicos, árbitros e membros do CERH. O acto, que tivo lugar na casa do concello da cidade asturiana, estivo presidido polo alcalde Aníbal Vázquez, no mesmo acto, o presidente do CERH Fernando Graça salientou a importancia do hóckey a patíns feminino:[5]

É moi importante entender que o hóckey a patíns feminino é algo que queremos apoiar e desenvolver moitísimo, estou seguro de que será un gran campionato.

Ese mesmo día, ás 19:00 h tiña lugar a cerimonia de inauguración.[5] Unha hora mái tarde, ás 20:00 h, as seleccións de Portugal e Italia abriron o campionato.[6]

Sede[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pavillón Visiola Rollán.

Todos os partidos do campionato celebráronse no Pavillón Visiola Rollán, un recinto cuberto con capacidade para 1 100 persoas e unha pista de xogo de parquet, e que é o fogar do equipo de hóckey a patíns da cidade, o Club Patín Mieres.[7][8]

O pavillón foi inaugurado o 29 de decembro de 2008 cun partido entre a selección asturiana masculina e un combinado de xogadores estranxeiros da OK Liga.[9] Esta foi a primeira ocasión na que o Pavillón Municipal de Mieres acolleu unha competición internacional de seleccións absolutas de hóckey a patíns, se ben xa acollera o primeiro OK Stars en 2010 e a Copa da Raíña 2009.[10]

Equipos[editar | editar a fonte]

Nesta edición participaron un total de catro equipos, a participación máis baixa da historia. Nesta edición salientou o retorno do combinado italiano, que reapareceu na competición logo de catro edicións sen competir. Pola súa banda as seleccións de Alemaña e Suíza tomaron parte na competición en Wuppertal en 2011, mais non en Mieres.

Os catro equipos participantes foron os seguintes:

País Clasificación
2011
Participacións Última
participación
Mellores resultados
España España 12 2011 Campioa (1995, 2009, 2011)
Francia Francia 9 2011 Campioa (2005)
Italia Italia - 8 2003 Campioa (1991, 1993)
Portugal Portugal 12 2011 Campioa (1997, 1999, 2001)

Cadros de xogadoras[editar | editar a fonte]

España

A preparación de selección española estivo caracterizada pola intermitencia das sesións de adestramento a causa de coincidir coa disputa da OK Liga Feminina, máxima categoría do hóckey a patíns feminino español. O 9 de decembro o seleccionador española Alberto Mazón, na concentración española no CAR de Sant Cugat, facilitou a lista das dez xogadoras que participarían no Campionato de Europa. O combinado español desprazouse á localidade asturiana de Mieres o domingo 15 de decembro. As dez xogadoras seleccionadas foron as seguintes:[11]

España
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
Caterina Ortega Porteira España CP Vilanova
Sara González España Gijón Solimar
María Díez España Gijón Solimar
Anna Casarramona España CP Manlleu
Laura Puigdueta España HC Palau de Plegamans
Natasha Lee España CP Voltregà
Berta Tarrida España CP Voltregà
Nara López España CP Manlleu
Raquel Bernardas España CP Alcorcón
Laia Salicru Porteira Francia CS Noisy Le Grand
Corpo técnico
Adestrador Alberto Mazón
Francia

A selección francesa chegou a Mieres como campioa do mundo tras derrotar na final do Campionato do Mundo de 2012 disputado en Recife (Brasil) a España.[6] A chegada das francesas á cidade asturiana tivo lugar o luns 16 de decembro.[12]

Francia
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
Felicia Buis
Frederique Denest
Camille Renier
Maeva Manceau
Nolwenn Bena
Claire Fay
Sidonie Laroche
Naomi Zanotto
Amina Nedder
Elsa Roux
Corpo técnico
Adestrador Stephane Herin
Italia

A selección italiana, campioa das dúas primeiras edicións da competición en 1991 e 1993, regresou á cita continental logo de sete anos afastada da competición.[6] chegou a Mieres o domingo 15 de decembro.[12]

Italia
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
Valentina Gaudio
Laura Minuzzo
Maria Teresa Mele
Elena Tamiozzo
Luisa Lamacchia
Giulia Galeassi
Pamela Lapolla
Erika Ghirardello
Elena Toffanin
Sara Zarantonello
Corpo técnico
Adestrador Giambattista Massari
Portugal

A selección portuguesa chegou a Mieres cun equipo consolidado logo de anos de rexeneración co obxectivo de recuperar un título que non gañaban dende 2001.[6] O luns 16 de decembro tivo lugar a chegada do equipo luso a Mieres.[12]

Portugal
Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo
Filipa Azevedo
Ana Catarina
Rita Lopes
Rute Lopes
Marlene Sousa
Ines Vieira
Carolina Gonçalves
Maria Barbosa
Rita Dias
Alexandra Figueiredo
Corpo técnico
Adestrador Carlos Pires

Competición[editar | editar a fonte]

Fase cualificatoria[editar | editar a fonte]

Grupo A Pts PX PG PE PP GF GC DG
Portugal Portugal 9 3 3 0 0 19 8 +11
España España 6 3 2 0 1 12 4 +8
Francia Francia 3 3 1 0 2 5 13 -8
Italia Italia 0 3 0 0 3 4 15 -11
Primeira xornada
17 de decembro de 2013
20:00
Portugal 7-3 Italia Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Isaac Sanz (ESP)
Catarina (1)
Lopes (2)
Sousa (2)
Barbosa (1)
Dias (1)
[R 1] Mele (2)
Tamiozzo (1)

17 de decembro de 2013
21:15
Francia 0-5 España Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Carlo Corponi (ITA) e Jaime Vieira (POR)
[R 2] González (1)
Díez (1)
Puigdueta (2)
Lee (1)
Segunda xornada
18 de decembro de 2013
20:00
Portugal 8-3 Francia Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Carlo Corponi (ITA) e Isaac Sanz (ESP)
Rute Lopes (3)
Marlene Sousa (2)
Ana Catarina (1)
Rita Lopes (1)
[R 3] Maeva Manceau (1)
Nolwenn Bena (1)
Frederique Denest (1)

18 de decembro de 2013
21:15
Italia 0-5 España Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Jaime Vieira (POR)
[R 4] Casarramona (2)
Lee (1)
Tarrida (1)
López (1)
Terceira xornada
19 de decembro de 2013
20:00
Francia 1-2 Italia Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Isaac Sanz (ESP) e Jaime Vieira (POR)
Renier (1) [R 5] Mele (1)
Tamiozzo (1)

19 de decembro de 2013
21:15
Portugal 4-2 España Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Carlo Corponi (ITA)
Lopes (1)
Sousa (2)
Vieira (1)
[R 6] Lee (1)
Tarrida (1)

Fase final[editar | editar a fonte]

  Semifinais Final
             
20 de decembro de 2013
  España España 4  
  Italia Italia 1  
 
22 de decembro de 2013
      España España 7
    Portugal Portugal 0
 
 
Sétimo posto
20 de decembro de 2013 22 de decembro de 2013
  Portugal Portugal 7   Italia Italia   5
  Francia Francia 1     Francia Francia   0


Semifinais
20 de decembro de 2013
20:00
España 4-1 Italia Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Jaime Vieira (POR)
Díez (1)
Casarramona (1)
Puigdueta (1)
Tarrida (1)
[R 7] Minuzzo (1)

20 de decembro de 2013
21:15
Portugal 7-1 Francia Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Carlo Corponi (ITA) e Isaac Sanz (ESP)
Lopes (3)
Gonçalves (1)
Catarina (2)
Dias (1)
[R 8]
3º e 4º posto
21 de decembro de 2013
18:30
Italia 5-0 Francia Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Jaime Vieira (POR) e Isaac Sanz (ESP)
Tamiozzo (3)
Lapolla (1)
Toffanin (1)
[R 9]
Final
21 de decembro de 2013
19:45
España 7-0 Portugal Pavillón Visiola Rollán
Árbitros: Xavier Blauzen (FRA) e Carlo Corponi (ITA)
Díez (3)
Casarramona (1)
Puigdueta (1)
Lee (2)
[R 10]

Clasificación final[editar | editar a fonte]

1. España España
2. Portugal Portugal
3. Italia Italia
4. Francia Francia

Estatísticas[editar | editar a fonte]

  • Máis goles nun partido: 11 (na vitoria por 8-3 de Portugal fronte a Francia o 18 de decembro).
  • Menos goles nun partido: 3 (na vitoria de Italia sobre Francia España por 2-1 o 19 de decembro).
  • Máis goles dun equipo nun partido: 8 de Portugal fronte a Francia o 18 de decembro.
  • Equipo máis goleador: Portugal (26 goles).
  • Equipo menos goleador: Francia (6 goles).
  • Máis goles encaixados: Francia (25 goles encaixados).
  • Menos goles encaixados: España (5 goles encaixados).

Goleadoras[editar | editar a fonte]

A máxima goleadora da competición foi a portuguesa Marlene Sousa, que anotou 6 goles en cinco encontros. A continuación amósanse as nove máximas goleadoras da competición, así como os goles marcados e o número de partidos disputados:[13]

Xogador Goles Partidos
Portugal Marlene Sousa 6 5
España María Díez 5 5
Portugal Rita Lopez 5 5
España Natasha Lee 5 5
Portugal Rute Lopez 5 5
Italia Elena Tamiozzo 5 5
Portugal Ana Catarina 4 5
España Laura Puigdueta 4 5
España Anna Casarramona 4 5

Tarxetas[editar | editar a fonte]

Nos 10 partidos disputados no Campionato de Europa Feminino de 2018 non se amosou o cartón vermello a ningunha xogadora. Si se amosaron tarxetas azuis a sete xogadoras. As xogadoras que máis cartóns azuis viron foron a española Natasha Lee e a francesa Nolwenn Bena, cun total de dúas tarxetas azuis nos cinco partidos que disputou coa súa selección en Mieres. A continuación amósanse as xogadoras amoestadas na competición, así como o número de tarxetas azuis:[14]

Xogador Tarxetas azuis Tarxetas vermellas Partidos
España Natasha Lee 2 0 5
Francia Nolwenn Bena 2 0 5
Italia Elena Toffanin 1 0 5
Portugal Ines Vieira 1 0 5
Portugal Rita Dias 1 0 5
Portugal Marlene Sousa 1 0 5
Italia Elena Tamiozzo 1 0 5

Reivindicacións do deporte feminino[editar | editar a fonte]

Paralelamente á celebración do Campionato de Europa, a cidade de Mieres acolleu varios eventos de reivindicación do deporte feminino no día da disputa da final. A xornada abriuse ás 10:00 h cun clínic no que participaron os seleccionadores dos catro países participantes coa moderación do presidente do Comité Nacional de Hóckey Patíns e vicepresidente do CERH Lluís Ferrer. Ese día o CERH asumiu o compromiso de recuperar a categoría sub-17 feminina, así como a imcorporación dunha muller na cúpula directiva do organismo, que se propuxo así mesmo afondar nas dificultades que ten o deporte feminino e as posibles solucións solucións.[15]

Ese mesmo día, a Concellaría da Muller de Mieres organizou unha marcha popular polas rúas da cidade que comezou as 12:00 h e que levou a un centenar de persoas ata as portas do Pavillón Visiola Rollán, onde as capitás das seleccións participantes leron un manifesto escrito nas linguas oficiais dos catro países no que defendían o trato igualitario do deporte feminino en relación ao masculino:[15]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
Fichas dos partidos
  1. "Match #1 – PORTUGAL v ITALY" (en inglés). World Skate Europe. 17 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  2. "Match #2 – FRANCE v SPAIN" (en inglés). World Skate Europe. 17 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  3. "Match #3 – PORTUGAL v FRANCE" (en inglés). World Skate Europe. 18 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  4. "Match #4 – ITALY v SPAIN" (en inglés). World Skate Europe. 18 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  5. "Match #5 – FRANCE v ITALY" (en inglés). World Skate Europe. 19 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  6. "Match #6 – PORTUGAL v SPAIN" (en inglés). World Skate Europe. 19 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  7. "Match #7 – Semifinal #1 – SPAIN v ITALY" (en inglés). World Skate Europe. 20 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  8. "Match #8 – Semifinal #2 – PORTUGAL v FRANCE" (en inglés). World Skate Europe. 21 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  9. "Match #9 – Final 3th/4th Place – ITALY v FRANCE" (en inglés). World Skate Europe. 21 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  10. "Match #10 – Final 1st/2nd Place – SPAIN v PORTUGAL" (en inglés). World Skate Europe. 21 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
Outras fontes
  1. "Carmelo Paniagua, visita la Selección Femenina en el Car de Sant Cugat" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 12 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  2. "Mieres acogerá el Campeonato de Europa Femenino del 2013" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 13 de xuño de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "El CERH suspende el Campeonato de Europa Femenino de hockey sobre patines" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 24 de xullo de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  4. "El CERH comunica el calendario del Campeonato de Europa Femenino de Mieres" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 25 de novembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "El Ayuntamiento de Mieres recibe a las selecciones del Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 17 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Todo listo para que empiece el Campeonato de Europa de hockey sobre patines" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 16 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  7. "Instalaciones Deportivas" (en castelán). Turismo de Mieres. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  8. "Polideportivo Visiola Rollán" (en castelán). Conceyu de Mieres. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  9. "Una inauguración de lujo para el Visiola Rollán". La Nueva España (en castelán). 17 de decembro de 2008. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  10. "Mieres acogerá el Campeonato de Europa Femenino de hockey sobre patines". Asturias Mundial (en castelán). 14 de xuño de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  11. "Alberto Mazón da la lista definitiva para el Campeonato de Europa Femenino" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 9 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "La Selección Española llega a Mieres para disputar el Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 15 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  13. "EURO FEMALE SENIOR MIERES 2013 – TOP SCORER" (en inglés). World Skate Europe. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  14. "EURO FEMALE SENIOR MIERES 2013 – BLUE AND RED CARD STANDINGS" (en inglés). World Skate Europe. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 "Mañana reivindicativa para con el deporte femenino en Mieres" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 21 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]