Campaña da Caprecórneca
Aparencia
Campaña da Caprecórneca novela gallega hestóreca, fantásteca e poéteca | |
---|---|
Título orixinal | Campaña da Caprecórneca |
Autor/a | Luis Otero y Pimentel |
Orixe | Cuba |
Lingua | galego |
Xénero(s) | novela por entregas |
Editorial | Imp. "El Comercio Tipográfico", Amargura 32, Habana |
Data de pub. | 1898 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Campaña da Caprecórneca: novela gallega hestóreca, fantásteca e poéteca é unha novela en lingua galega de Luis Otero y Pimentel, publicada orixinalmente por entregas na revista Follas Novas da Habana entre outubro e decembro de 1898, e como volume de seu, ese mesmo ano.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha novela "de escaso valor literario ou lingüístico" mais de grande interese dada a súa temática onírica e paranormal, que a converten en precursora da narrativa fantástica nas letras galegas.
Na época na que se publica A campaña da Caprecórneca, en ningunha das linguas ibéricas, cando menos, se seguen camiños tan distantes e tan desprendidos da realidade social ou histórica. - Modesto Hermida
A obra foi reimpresa en 1994 pola editorial Galaxia e incluída na colección Narrativa de Onte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hermida García, Modesto (ed.). A campaña da Caprecórneca (1994). Narrativa de Onte. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-903-4.
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: CIRP. 2003. pp. 283–286. ISBN 84-453-3736-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Campaña da Caprecórneca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Campaña da Caprecórneca (1898) en Galiciana, Biblioteca de Galicia
- Campaña da Caprecórneca Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (1898) na páxina web da Real Academia Galega