Campamento romano
No Imperio Romano, un castrum (plural castra, unha fortaleza) era un campo militar romano usado polas lexións romanas. Orixinalmente era unha fortificación celta que semellaba un castelo rodeado dunha muralla circular na cima dun outeiro. Os romanos usaron logo o termo para designaren os seus campos militares, que eran rectangulares.
Historia
[editar | editar a fonte]Os campos romanos sempre foron edificados acorde a un certo modelo, con dous pasos principais que se cruzaban: o "Cardo Maximus", estendéndose ao norte e ao sur, e o "Decumanus Maximus" ao leste e ao oeste, dividindo o campo en catro partes iguais. As avenidas acababan en catro portais. O forum situábase na intersección do Cardo Maximus e o Decumanus Maximus.
O resto das rúas e construcións achábanse paralelas ás principais, as cales formaban un patrón de cuadrícula que se utiliza moito nas cidades.
Varios poboados en Europa xurdiron a partir de campos militares romanos e ata o día de hoxe mostran trazos dos seus modelos orixinais (por exemplo Castres en Francia, Barcelona e Lugo en España).
O Castrum foi a base do modelo empregado polos colonos españois en América, o "taboleiro" de 7 mazás de 100 m por lado cunha Praza de Armas no centro preto dun río e dun outeiro defendible, seguindo estritas normas impostas pola monarquía española para a fundación de novas cidades no Novo Mundo.
Moitos pobos de Inglaterra aínda manteñen derivados da palabra castra nos seus nomes (Lancaster, Chester e Manchester, por exemplo).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Campamento romano |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Aquis Querquennis, campamento romano nos Baños de Bande.
- A Ciadella, campamento romano en Sobrado.
- Lexión romana