Camilo Vila Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCamilo Vila Rodríguez
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1915 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte1997 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
San Xoán, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , realizador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0897307 Editar o valor em Wikidata

Camilo Vila Rodríguez, nado na Habana o 26 de xullo de 1915, foi un empresario cubano, de orixe galega, que foi o derradeiro presidente do Centro Galego da Habana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Cuba, sendo o maior dos tres fillos dunha parella de inmigrantes galegos, natuaris da parroquia Santa María de Mosteiro, no concello lucense de Guntín.[1] Estudou no Centro Galego da Habana e fundou varios negocios, participando nas actividades da emigración galega na illa. Foi presidente de honra da asociación Naturales de Ortigueira,[2] e en 1959 presentou a súa candidatura á presidencia do Centro Galego, polo partido Acción Social, sendo elixido presidente. Foi o primeiro presidente do Centro Galego nacido en Cuba.[1]

Presidiu o Centro Galego durante dous anos, ata a intervención do centro en 1961 polo goberno revolucionario de Fidel Castro.[3] Ese mesmo ano enviou a Miami ao seu Camilo, dentro da Operación Peter Pan organizada polo goberno dos Estados Unidos, despois de ter enviado xa á súa filla Araceli. En 1962 foise a súa muller, e en 1964 o propio Camilo marchou para España, instalándose finalmente en Porto Rico, onde morreu en 1997.[1]

O seu fillo Camilo Vila, é cineasta, e un dos seus filmes, City of Gardens, foi estreado no Festival Internacional de Cannes.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cid, Felipe (15 de setembro de 2021). "Camilo Vila Rodríguez, primero y último presidente del Centro Gallego de La Habana". La Región (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  2. Barros, Manuel (8 de xullo de 2008). "‘Naturales de Ortigueira’ en Cuba recuerda a sus fundadores en el 80 aniversario de la entidad" (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  3. "Da Habana traio un mandado...". El Correo Gallego (en castelán). 26 de novembro de 2006. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  4. "El cineasta cubano Camilo Vila estrenará en Cannes su película "City of Gardens"" (en castelán). 9 de maio de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2021.