Calocera viscosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Calocera viscosa
Cornos de veado amarelos no parque nacional de Durmitor (Montenegro)
Cornos de veado amarelos no parque nacional de Durmitor (Montenegro)
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Dacrymycetes
Orde: Dacrymycetales
Familia: Dacrymycetaceae
Xénero: Calocera
Especie: C. viscosa
Nome binomial
'Calocera viscosa'
(Pers.) (1794)[1]
Calocera viscosa
Calocera viscosa LC0123.jpg

A Calocera viscosa ((Persoon) Fries, 1827; sin. Calocera flammea), os cornos de veado amarelos, é un pequeno cogomelo da clase Dacrymycetes, orde Dacrymycetales.

Caracterízase pola súa estrutura coraloide, pouco ramificada, diferente da típica dos cogomelos basidiomicetos; as últimas ramificacións rematan en puntas arredondadas, como dedos. É de cor laranxa brillante, avermellada, pero tamén amarelo ou branco, que destaca sobre a cor do substrato. A base é abrancazada e introdúcese varios centímetros no substrato. A textura é xelatinosa e viscosa ó tacto, así como a carne; sen olor nin sabor apreciables. O himenio recobre toda a superficie do corpo frutífero.

É relativamente común ó longo de todo o ano, pero especialmente no verán e outono. Crece sobre madeira en descomposición (tocóns, ramas e piñas) de coníferas, pero tamén sobre a procedente doutras árbores, en individuos illados ou formando grupos. Pode acadar os 3–5 cm de altura.

Non é comestible se ben non se ten certeza de que conteña principios tóxicos. En ocasións foi cultivada como planta decorativa.

Pódese confundir con Clavulinopsis corniculata, que crece sobre o chan e é de consistencia fráxil, mentres que a Calocera viscosa faino sobre madeira e é viscosa e xelatinosa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MARCOTE, J. M. C., POSE, M., e TRABA, J. M.: Cogomelos de Galicia, Xunta de Galicia, 2009.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]