Callitris
Callitris | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Callitris preissii | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Callitris é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das calitroideas (Callitroideae).
Actualmente recoñécnse dentro do xénero 16 especies, das que 13 son propias de Australia e as outras 3 (C. neocaledonica, C. pancheri e C. sulcata) son endémicas de Nova Caledonia.[1]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características da plantas deste xénero son:[2]
- Son pequenas ou medianas árbores ou grandes arbustos perennifolios, que miden de 5 a 25 m de altura, chegando até os 40 m en C. macleayana.
- As follas son escamentas, excepto nas plantas novas de sementeiros, que son aciculares; en C. macleayana as follas aciculares encóntranse mesturadas coas escamentas ao longo de toda a vida da árbore. As escamas están dispostas en seis fileiras ao longo das ramiñas, en verticilos de tres (frecuentemente en verticilos de catro en C. macleayana).
- conos masculinos son pequenos, de 3 a 6 mm de lonxitude, e se encontran no extremo esterior das ramiñas.
- Os conos femininos son igualmnte inconspicuos, madurando tras 18 ou 20 meses, e miden de 1 a 3 cm de longo e de ancho; son de forma de globular a ovoide (agudos en C. macleayana), e teñen seis escamas superpostas, grosas, leñosas, dispostos en dous verticilos de tres (a miúdo, 8 escamas en C. macleayana).
- As piñas permanecen pechadas nas árbores durante moitos anos, abrindo soamente despois de ser queimadas nun incendio; daquela, liberan as sementes, que xerminan no solo queimado.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1808 polo botánico e relixioso francés Étienne Pierre Ventenat, na súa obra Decas Generum Novorum, aut parum Cognitorum.[3][4]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero inclúe as especies seguintes:[1]
- Callitris baileyi
- Callitris canescens
- Callitris columellaris
- Callitris drummondii
- Callitris endlicheri
- Callitris macleayana
- Callitris monticola
- Callitris muelleri
- Callitris neocaledonica
- Callitris oblonga
- Callitris pancheri
- Callitris preissii
- Callitris rhomboidea
- Callitris roei
- Callitris sulcata
- Callitris verrucosa
Sinónimos
[editar | editar a fonte]O xénero coñécesa tamén polos sinónimos seguintes:[1]
- Frenela Mirb.
- Cyparissia Hoffmanns.
- Octoclinis F. Muell.
- Leichhardtia T. Steph. ex Gordon
- Nothocallitris A. V. Bobrov & Melikyan
- Neocallitropsis Florin [5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Callitris é un derivado irregular do elemento latino calli-,[6] calco do grego antigo καλλί- kallí-, que deriva de κάλλοσ kállos, "beleza", "fermosura".[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Kew World Checklist of Selected Plant Families". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2023. Consultado o 11 de xaneiro de 2018.
- ↑ Callitris Ventenat 1808 en The Gymnosperm Database.
- ↑ Callitris Vent. no IPNI.
- ↑ Callitris Vent. en Tropicos.
- ↑ Byng, J. W. (2015). The Gymnosperms Handbook: A practical guide to extant families and genera of the world. Bradford and Kingston: United Kingdom / Den Haag: Nederland. Plant Gateway Ltd. ISBN 978-0-9929-9932-2.
- ↑ Callitris no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
- ↑ calli- no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Callitris |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Callitris |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-8424-6068-4.
- Farjon, A. (2010): A Handbook of the World's Conifers. 2 Vols. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 978-9-0474-3062-9.
- Rushforth, Keith D. (1987): Conifers. Nova York City, Nova York, USA: Facts on File. ISBN 978-0-8160-1735-5. ISBN 0-7470-2801-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Callitris Ventenat 1808 en The Gymnosperm Database.
- Callitris na EOL.
- Callitris Arquivado 12 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.