Caleb Cheeshahteaumuck
Caleb Cheeshahteaumuck | |
---|---|
Nacemento | 1644 |
Lugar de nacemento | Martha's Vineyard |
Falecemento | anos 1660 |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Harvard |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Caleb Cheeshahteaumuck, nado arredor de 1644 e finado arredor de 1666, foi o primeiro indíxena americano en graduarse na Universidade Harvard.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cheeshahteaumuck, o fillo dun sachem Nobnocket (West Chop) naceu no seo do pobo wampanoag na illa de Martha's Vineyard e recibiu unha educación formal.[1] El e o seu compañeiro Joel Hiacoomes foron educados en Vineyard por Peter Folger, o avó materno de Benjamin Franklin.
Ámbolos dous asistiron ó colexio de gramática de Elijah Corlet en Cambridge arredor do ano 1657.[2]
Harvard e pasamento[editar | editar a fonte]
Cheeshahteaumuck e Hiacoomes entraron no Indian College de Harvard en 1661.[2] Hiacoomes morreu nun naufraxio uns meses antes de se graduar mentres regresaba a Harvard dende Martha's Vineyard. Cheeshahteaumuck converteuse no primeiro indíxena americano en graduarse en Harvard no ano 1665. Morreu de tuberculose en Watertown, Massachusetts menos dun anos despois da graduación.[3][4][5]
Consérvase un documento da época de Cheeshahteaumuck en Harvard, que supostamente escribiu,[2] redactado completamente en latín. Esta breve carta, dirixida ós "máis honrados benfeitores", contén referencias á mitoloxía grega, ós filósofos antigos e á ideoloxía cristiá e foi destinada a agradecer ós doantes e animalos a continuar co seu apoio financeiro.[2][6] Algúns consideran que esta é o escrito máis antigo dun indíxena no continente.[2]
En 1674, Daniel Gookin, escribiu sobre os indíxenas de Nova Inglaterra, describindo a morte de Cheeshahteaumuck e como "Caleb, non moito tempo despois de licenciarse en arte en Cambridge, Nova Inglaterra, morreu dunha tuberculose en Charlestown, onde foi visitado por Mr. Thomas Danforth, quen o inspeccionou e puxo a súa saúde baixo o coidado de médicos; onde dispuxo dos mellores medios que o país podía proporcionar, tanto alimentos como menciñas; mais Deus negoulle a súa beizón e puxo un remate ó seus días."[7]
A Fundación Harvard presentou un retrato de Cheeshahteaumuck o 16 de decembro de 2010 na sala Annenberg,[8] pintado por Stephen E. Coit.
Legado[editar | editar a fonte]
Cheeshahteaumuck é o personaxe principal do libro de Geraldine Brooks de ficción histórica Caleb's Crossing.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cambridge University Press, ed. (11 de xuño de 2007). Faith and boundaries : colonists, Christianity, and community among the Wampanoag Indians of Martha's Vineyard, 1600-1871. ISBN 978-0521706957.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Drew., Lopenzina (2012). State University of New York Press, ed. Red ink : native Americans picking up the pen in the colonial period. Albany. pp. 126–132. ISBN 9781438439792. OCLC 781628796.
- ↑ "Remembering Native Sons" Arquivado 03 de xuño de 2006 en Wayback Machine., Harvard University Gazette, 1 de maio de 1997.
- ↑ "Harvard Honors First Native American Students" Arquivado 23 de decembro de 2005 en Wayback Machine., Susan Peterson, Harvard University Gazette, 8 de maio de 1997.
- ↑ "The Ancient Proprietors: Wampanoags" Arquivado 24 de maio de 2006 en Wayback Machine., Part I: Nantucket's First Peoples of Color, The Other Islanders, Frances Ruley Karttunen, Nantucket, Massachusetts: Nantucket Historical Association, 2002. Consultado o 22 de outubro de 2007. This online book has also been issued in a print edition (New Bedford, Massachusetts: Spinner Publications, Inc., 2005, ISBN 0-932027-93-8.)
- ↑ Hochbruck, Wolfgang; Dudensing-Reichel, Beatrix (1992). "'Honoratissimi Benefactores': Native American Students and Two Seventeenth-Century Texts in the University Tradition". Studies in American Indian Literatures 4 (2/3): 36–40. ISSN 0730-3238. JSTOR 20736601.
- ↑ "Daniel Gookin. Vol. II. The Beginnings of Americanism: 1650-1710. Trent and Wells, eds. 1901. Colonial Prose and Poetry". www.bartleby.com.
- ↑ "Wampanoag To Be Honored With Degree | News | The Harvard Crimson". www.thecrimson.com (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2017.