Calcantita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calcantita
Calcantita z.jpg
Calcantita (Sulfato cúprico pentahidratado)
Fórmula química: CuSO4·5H2O
Clase: Sulfatos
Subclase:
Sistema cristalino: Triclínico
Cor: Azul e turquesa
Brillo: Vítreo
Dureza: 2,5
Fractura: Concoidea
Exfoliación: Imperfecta
Raia: Branca azulada
Densidade: 2,2-2,3 g/cm3

A calcantita (do latín chalcanthum que significa flor de cobre) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CuSO4·5HO (contén un 31,5% de CuO, un 32% de SO3, un 1% de Fe2O3 e un 35,5% de auga).

Aspecto[editar | editar a fonte]

De cor azul, a calcantita aparece normalmente en forma de estalactitas, formando costras ou de forma masiva; rara vez fai acto de presenza en forma de cristais ben formados. Os cristais de calcantita só son posibles recrealos artificialmente aínda que de cando en vez podémolos atopar dun tamaño microscópico.

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

A calcantita preséntase en zonas de oxidación pola alteración da calcopirita e outros minerais de cobre.

É común atopala en Riotinto (Huelva).

Usos da calcantita[editar | editar a fonte]

Úsase en química coma antiséptico e tamén na fabricación de pilas e colorantes.

Propiedades[editar | editar a fonte]

A calcantita é un mineral soluble en auga.

Outros sulfatos[editar | editar a fonte]

A anhidrita e o xeso son outros minerais importantes da clase dos sulfatos.