Calanoida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calanoida
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Copepoda
Superorde: Gymnoplea
Giesbrecht, 1882 [1]
Orde: Calanoida
Sars, 1903
Familias

Ver texto

Calanoida (calanoides) é unha orde de copépodos, un grupo de artrópodos que son comúns no zooplancto. A orde inclúe unhas 46 familias cunhas 1800 especies de augas mariñas e doces.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Os calanoides poden distinguirse doutros copépodos planctónicos porque a lonxitude das súas primeiras antenas é de polo menos a metade da lonxitude do corpo e as segundas antenas son birrámeas.[2] Porén, o seu trazo anatómico máis distintivo é a presenza dunha articulación entre o quinto e o sexto segmentos corporais.[3] Os espécimes máis grandes acadan os 18 mm de longo, pero a maioría non excede de 0,5-2,0 mm.[2]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A orde Calanoida contén as seguintes familias:[4]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Os copépodos calanoides son os animais dominantes no plancto en moitas partes dos océanos do mundo, constituíndo o 55–95% das mostras de plancto.[2] Son, por tanto, importantes en moitas redes tróficas, tomando a súa enerxía do fitoplancto e algas e "reempaquetándoa" para o seu consumo polos predadores dos niveis tróficos superiores.[2] Moitos peixes comerciais dependen dos copépodos calanoides para a súa alimentación tanto na etapa larval coma na forma adulta. Baleas como a balea de Groenlandia, o rorcual boreal, as baleas francas e o rorcual común dependen substancialmente dos copépodos calanoides como fonte de alimento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. W. Martin & G. E. Davis (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de setembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mauchline, John (1998). "Introduction". The Biology of Calanoid Copepods. Advances in Marine Biology 33. Elsevier. pp. 1–15. ISBN 978-0-12-105545-5. 
  3. Barnes, Robert D. (1982). Invertebrate Zoology. Philadelphia, Pennsylvania: Holt-Saunders International. p. 692. ISBN 0-03-056747-5. 
  4. "WoRMS - World Register of Marine Species - Calanoida". www.marinespecies.org. Consultado o 2022-12-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]