Café de Colombia
O café de Colombia é unha indicación xeográfica protexida, que foi recoñecida en forma oficial pola Unión Europea o 27 de setembro de 2007.[1][2] Dita denominación outórgaselle ao café 100 % arábigo (coffea arabica) producido nas rexións cafeteiras de Colombia, delimitadas entre a latitude norte 1° a 11°15', lonxitude oeste 72° a 78° e rangos específicos de altitude que poden superar os 2000 metros sobre o nivel do mar. O termo café de Colombia tamén é unha marca de certificación rexistrada nos Estados Unidos o 7 de xullo de 1981,[3] e no Canadá o 6 de xullo de 1990.[4] Así mesmo, está recoñecido como Denominación de Orixe Protexida noutros países do mundo,[5] como Ecuador,[6] Bolivia[7] e o Perú.[8]
Colombia é o terceiro país produtor de café[9] e o maior produtor de café suave no mundo.[10] Os principais países importadores do café de Colombia son os Estados Unidos, Alemaña, o Xapón, os Países Baixos e Suecia.
O café foi o produto primordial dentro das actividades comerciais colombianas, rexistrando exportacións de até 2560 sacos. Dende os anos vinte, Colombia ocupou o primeiro lugar como produtor mundial de café suave.[11] A asociación que contribúe a promover o cultivo de café en Colombia e a súa exportación a mercados internacionais, coa misión de procurar o benestar dos caficultores colombianos é a Federación Nacional de Cafeteiros de Colombia. Os principais departamentos produtores do café en Colombia son: Nariño, Norte de Santander, Antioquia, Valle del Cauca, Cundinamarca, Huila, Cauca, Tolima, Caldas, Quindío e Risaralda, coñecidos os catro últimos como o Eixo Cafeteiro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Unión Europea otorga a 'Café de Colombia' la Indicación Geográfica Protegida, Terra, publicado el 13/08/2007.
- ↑ Café de Colombia se tomó Bruselas para recibir sello de 'Indicación Geográfica Protegida' de la UE, Cenicafé, publicado el 27/09/2007.
- ↑ « Colombian Coffee » Certification Mark Arquivado 15 de maio de 2013 en Wayback Machine., U.S. Patent and Trademark office. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
- ↑ « Colombian Coffee » Certification Mark Arquivado 15 de maio de 2013 en Wayback Machine., Canadian Intelectual Property Office. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
- ↑ "Denominación de Origen". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2010.
- ↑ Resolución 47500 de 10 de enero de 2006 Arquivado 15 de maio de 2013 en Wayback Machine., Dirección Nacional de la Propiedad Industrial de Ecuador. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
- ↑ Resolución Administrativa de 21 de mayo de 2008 Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Servicio Nacional de Propiedad Intelectual de Bolivia. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
- ↑ Resolución 671 de 20 de enero de 2006 Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Instituto Nacional de Defensa de la Competencia y de la Protección de la Propiedad Intelectual del Perú. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
- ↑ Lazcano, Jaime Téllez. "Principales productores de café del mundo" (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2018.
- ↑ Esperanza Arquivado 22 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., Café de Colombie, URL último acceso o 21/02/2017.
- ↑ "Sobre el Café". cafedecolombia.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial da Federación Nacional de Cafeteiros - Café de Colombia (en castelán)
- Diario oficial da Unión Europea - Rexistro do «Café de Colombia».
- Cooperativa de Cafetaleros do Norte del Valle - Cafenorte (en castelán)