Café de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grans de café torrados.
Grans de café secando ao sol despois de pasar polo proceso de lavado, logo serán torrados e moídos.

O café de Colombia é unha indicación xeográfica protexida, que foi recoñecida en forma oficial pola Unión Europea o 27 de setembro de 2007.[1][2] Dita denominación outórgaselle ao café 100 % arábigo (coffea arabica) producido nas rexións cafeteiras de Colombia, delimitadas entre a latitude norte 1° a 11°15', lonxitude oeste 72° a 78° e rangos específicos de altitude que poden superar os 2000 metros sobre o nivel do mar. O termo café de Colombia tamén é unha marca de certificación rexistrada nos Estados Unidos o 7 de xullo de 1981,[3] e no Canadá o 6 de xullo de 1990.[4] Así mesmo, está recoñecido como Denominación de Orixe Protexida noutros países do mundo,[5] como Ecuador,[6] Bolivia[7] e o Perú.[8]

Colombia é o terceiro país produtor de café[9] e o maior produtor de café suave no mundo.[10] Os principais países importadores do café de Colombia son os Estados Unidos, Alemaña, o Xapón, os Países Baixos e Suecia.

O café foi o produto primordial dentro das actividades comerciais colombianas, rexistrando exportacións de até 2560 sacos. Dende os anos vinte, Colombia ocupou o primeiro lugar como produtor mundial de café suave.[11] A asociación que contribúe a promover o cultivo de café en Colombia e a súa exportación a mercados internacionais, coa misión de procurar o benestar dos caficultores colombianos é a Federación Nacional de Cafeteiros de Colombia. Os principais departamentos produtores do café en Colombia son: Nariño, Norte de Santander, Antioquia, Valle del Cauca, Cundinamarca, Huila, Cauca, Tolima, Caldas, Quindío e Risaralda, coñecidos os catro últimos como o Eixo Cafeteiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unión Europea otorga a 'Café de Colombia' la Indicación Geográfica Protegida, Terra, publicado el 13/08/2007.
  2. Café de Colombia se tomó Bruselas para recibir sello de 'Indicación Geográfica Protegida' de la UE, Cenicafé, publicado el 27/09/2007.
  3. « Colombian Coffee » Certification Mark Arquivado 15 de maio de 2013 en Wayback Machine., U.S. Patent and Trademark office. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
  4. « Colombian Coffee » Certification Mark Arquivado 15 de maio de 2013 en Wayback Machine., Canadian Intelectual Property Office. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
  5. "Denominación de Origen". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2010. 
  6. Resolución 47500 de 10 de enero de 2006 Arquivado 15 de maio de 2013 en Wayback Machine., Dirección Nacional de la Propiedad Industrial de Ecuador. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
  7. Resolución Administrativa de 21 de mayo de 2008 Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Servicio Nacional de Propiedad Intelectual de Bolivia. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
  8. Resolución 671 de 20 de enero de 2006 Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Instituto Nacional de Defensa de la Competencia y de la Protección de la Propiedad Intelectual del Perú. Último acceso o 18 de xuño de 2011.
  9. Lazcano, Jaime Téllez. "Principales productores de café del mundo" (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  10. Esperanza Arquivado 22 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., Café de Colombie, URL último acceso o 21/02/2017.
  11. "Sobre el Café". cafedecolombia.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]