Saltar ao contido

Penteo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penteo

Tipopersonaxe da mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Obra
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Cargo ocupadorei de Tebas Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiAgave (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiEchion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aOklasos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]

Na mitoloxía grega, Penteo é fillo de Ágave e Equino, neto de Cadmo rei de Tebas. A este mito atribuíaselle unha significación relixiosa. Penteo era o prototipo do impío castigado polo seu orgullo.

Fresco na Casa de Vetii, Pompeia.

Dioniso é un deus de orixe tebana. Cóntase que despois de conquistar Asia decidiu volver a Tebas para instaurar o seu culto nesta cidade. Penteo prohibiu o culto a Dioniso, o fillo da súa tía Sémele, e non permitiu que as bacantes de Cadmea participasen nos seus ritos e orxías. Penteo ordenou a detención de todos os participantes, pero Dioniso fixo que dese en tolo e entón Penteo púxolle os grilletes a un touro. As Ménades despedazaronalgúns tenreiros como ofrenda ao deus. Penteo trasladouse ao Citerón para espiar as bacantes e ser testemuña dos excesos aos que se entregaban con Dioniso. Penteo ocultouse nun piñeiro, pero as bacantes descubrírono e arrincaron a árbore.

A súa propia nai, Agave, trastornada polo sedutor deus confundiuno cun animal. Botouse sobre Penteo animando ao resto de bacantes a atacalo. Todas elas abalanzáronse sobre Penteo pensando que se trataba dun xabarín. Penteo comprendeu que era inútil oporse ao poder da divindade, pero as súas súplicas foron en balde. As súas irmás arrincáronlle os brazos e a súa nai arrincoulle a cabeza. Nun instante os membros de Penteo foron despedazados polas mans furiosas das bacantes provocando que fosen exiliadas de Tebas. O nome de 'Penteo', como Dioniso sinala, significa “home das penas”, ata polo seu nome estaba destinado á traxedia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]