Caderno de campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caderno de campo de 1909. Notas do paleontólogo Charles D. Walcott sobre os fósiles das Lutitas de Burgess.

Un caderno de campo ou diario de campo é unha ferramenta usada por investigadores de varias áreas para faceren anotacións cando executan traballos de campo. É un exemplo clásico de fonte primaria.

Os cadernos de campo son normalmente blocks de notas no que os investigadores debuxan e anotan as súas observacións. Esta ferramenta de investigación é xeralmente usada por biólogos, xeólogos, ambientólogos, xeógrafos, paleontólogos, arqueólogos, antropólogos (etnógrafos), Traballadores Sociais e sociólogos.

Tras servir para a elaboración de investigacións, os cadernos de campo transfórmanse en documentos, xeralmente presentes nos arquivos persoais dos académicos e, dependendo do valor histórico das súas obras, poden pasar a integrar arquivos públicos.

Os cadernos tamén son usados para facer bosquexos de debuxo, xeralmente a man alzada. En ocasións a liña entre caderno de campo, caderno de artista e caderno de laboratorio e mesmo caderno de bitácora é difusa. Algúns exemplos son os debuxos realizados polo sueco Sven Hedin nas súas viaxes por Asia, o alemán Wilhelm Filchner nas súas viaxes por Asia e Antártida, e o español Julio Caro Baroja nas súas viaxes por España e norte de África. Tamén os cadernos de Charles Darwin, e a bitácora de viaje e de apuntamentos científicos de Rosamund Georgina Lloyd e o seu esposo químico e botánico Thomas Taylor.

Leonardo da Vinci tiña múltiples cadernos, cinco deles conservados no Victoria and Albert Museum (V&A) en Londres.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Caro Baroja, Julio (1979). Cuadernos de Campo. Madrid.
  • Filchner, Wilhem (1922). Zum sechsten Erdteil. Berlín.
  • Hedin, Sven (1965). Mein Leben als Zeichner. Wiesbaden.
  • Cadernos de Leonardo da Vinci, expostos no Victoria and Albert Museum (V&A) en Londres

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]