Cabo de San Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 37°01′30″N 8°59′40″O / 37.02500, -8.99444

Faro do cabo de San Vicente visto dende o oeste.

O cabo de San Vicente (en portugués: Cabo de São Vicente) é un accidente xeográfico situado no extremo suroeste de Portugal, que marca o límite occidental do golfo de Cádiz. Atópase preto de Sagres, concello de Vila do Bispo. Era coñecido en tempos romanos como Promontorium Sacrum, lugar adicado ó deus Saturno.

No cabo hai unha antiga fortaleza visitable e un faro. En Lagos, a 25 quilómetros do cabo cara ó leste, o Infante Henrique, duque de Viseu estabeleceu a súa escola de navegación no século XV, impulsora dos grandes descubrimentos portugueses.

Dende o cabo é posible apreciar o paso de barcos que transitan entre o Mediterráneo e o norte de Europa.

Estrabón (-63 ou-6423) ó describir a península Ibérica, dixo del que «non era o punto máis occidental de Europa, senón de todo o mundo habitado».

Fronte a este cabo produciuse a coñecida como batalla do Cabo de San Vicente o 14 de febreiro de 1797, aínda que outras batallas anteriores tamén recibiron o mesmo nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]