Cabo da Roca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°46′51″N 9°30′02″O / 38.780833333333, -9.5005555555556

O faro do Cabo da Roca.

O cabo da Roca é un cabo situado en Portugal, o punto máis occidental da Europa continental. Era coñecido polos romanos como Promontorium Magnum e durante a era da navegación a vela como a Roca de Lisboa.

Está situado no distrito de Lisboa, 40 quilómetros ao oeste de Lisboa e 18 quilómetros ao oeste de Sintra (concello ao que pertence) no Parque Natural de Sintra-Cascais. As súas coordenadas están inscritas nunha placa de pedra do monumento do lugar (a placa data do ano 1979). O acantilado emerxe do océano Atlántico a aproximadamente 140 metros sobre o nivel do mar. Enriba do acantilado hai un faro e unha tenda para turistas.

O cabo é unha popular atracción turística. O poeta Luís de Camões definiu o Cabo da Roca como o lugar onde a terra se acaba e o mar começa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]