Saltar ao contido

CRRES

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CRRES / Combined Release and Radiation Effects Satellite
CRRES
TipoDemostrador tecnolóxico / Observación terrestre
FabricanteBall Aerospace
OrganizaciónUSAF
Destino actualFóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento25 de xullo de 1990, 19:21 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorAtlas I[1][3]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 36B[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre.[1][2]
NSSDC ID1990-065A
Masa4383 kg[1]
DimensiónsPrisma octogonal de 1 m de altura e 3 m entre caras opostas[1]
Datos orbitais
Semieixo maior23.161 km[4]
Inclinación18,0 graos[4]
Apoapse33.229,1 km[4]
Periapse351,4 km[4]

CRRES, acrónimo de Combined Release and Radiation Effects Satellite é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 25 de xullo de 1990 mediante un foguete Atlas I desde Cabo Cañaveral para estudar a magnetosfera terrestre.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

CRRES é un satélite do Programa de Probas Espaciais da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado coa finalidade de estudar os campos, partículas e o plasma da magnetosfera terrestre.[1][2][3]

O satélite ten unha masa de 4383 kg e forma de prisma octogonal de 1 m de altura e 3 m entre caras opostas. Estabilizábase mediante xiro a 2,2 r.p.m., co eixo de xiro no plano da eclíptica. O satélite estaba dotado de oito compartimentos, catro con contedores con substancias químicas que ao ser liberadas permitían estudar as propiedades da magnetosfera e as outras catro contendo experimentos, como SPACERAD.

CRRES foi inxectado nunha órbita de transferencia xeoestacionaria na que permaneceu durante toda a súa misión, calculada inicialmente en tres anos. O satélite liberou substancias químicas ao espazo durante o amencer e o ocaso ao seu paso polo perixeo que foron seguidas mediante instrumentos ópticos e radar desde terra, medindo o seu movemento e expansión ó longo das liñas do campo magnético terrestre.[1][2][3]

CRRES foi deseñado orixinalmente para ser lanzado por un transbordador espacial, pero o accidente do transbordador espacial Challenger fixo que se acabara lanzando nun Atlas I. O contacto co satélite foi perdido o 12 de outubro de 1991, antes de finalizar a súa misión nominal, posiblemente debido ao fallo dunha batería a bordo.[1][2][3]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (20 de marzo de 2019). "CRRES" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2019). "CRRES" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CRRES (P86-1)" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "CRRES" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  5. Claude Lafleur (2019). "CRRES" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  6. "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (92-02818). 21 de xaneiro de 1992: 11. Consultado o 13 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]