Prológica
Aparencia
A compañía Prológica Industria e Comércio de Microcomputadores Ltda. foi unha influente empresa de microinformática brasileira que atinxiu o seu auxe a mediados da década de 1980, cando chegou a ser a terceira maior empresa informática do país.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa foi fundada en 1976 por Geraldo Coen, Joseph Blumenfeld e Leonardo Bellonzi, e comercializaba inicialmente máquinas destinadas ó uso en tarefas de contabilidade. Posteriormente a empresa especializouse na produción de equipamentos de informática baseados nos ordenadores da liña TRS-80, da Radio Shack, so o nome xeral de CP (de Computador Persoal). Un dos seus maiores éxitos no campo profesional foi o microcomputador CP 500, compatíbel co TRS-80 Modelo III.[2]
Produtos
[editar | editar a fonte]- Computadores domésticos
- Computadores profesionais
- CP 500
- CP500 D
- CP500 M80
- CP500 M80c
- CP500 Turbo
- Sistema 600
- Sistema 700
- Super Sistema 700
- Solution 16
- SP 16
- Periféricos
- CP450
- Impresora P 700
- Impresora P 500
- Impresora P 500S
- Impresora P 600
- Impresora P 720
- Impresora P 720XT
- Impresora Antares 400
- Produtos desenvolvidos por empresas irmás
- NE Z80
- NE-Z8000
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "História dos Computadores no Brasil" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2016.
- ↑ "A História da informática (Parte 6: Sistemas embarcados e supercomputadores)" (en portugués).