Liga de Campións da CONCACAF
A Liga de Campións da CONCACAF é a máxima competición continental de fútbol a nivel de clubs en Norteamérica e Centroamérica. Organizado baixo distintas denominacións pola Concacaf dende 1962, o campión deste torneo acada o dereito a disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA que determina ó club de fútbol campión do mundo. O actual campión é o CF Monterrey, e os equipos máis laureados son o Club América e o Cruz Azul, ámbolos dous con 5 títulos.
Formato
[editar | editar a fonte]24 equipos compiten cada ano polo campionato (4 de México, 4 dos Estados Unidos, 3 de Honduras, 3 de Panamá, 2 de Costa Rica, 2 de Guatemala, 2 do Salvador, 1 do Canadá e 3 da Unión Caribeña de Fútbol. A competición ten 5 roldas, que teñen lugar entre xullo e abril:
- Primeira Rolda
O torneo comeza con 8 eliminatorias directas nas que se enfrontan os 16 equipos con peor acreditación. Os 8 gañadores pasan á seguinte rolda xunto cos 8 cabezas de serie que non tiveron que disputar esta rolda eliminatoria.
- Fase de grupos
Chegados a esta fase, os 16 equipos sepáranse en 4 grupos, de xeito que quedan 4 grupos con 4 equipos por grupo. Dispútase unha liguiña con 6 xornadas, ó remate da cal os 2 primeiros clasificados de cada grupos pasan á seguinte rolda.
- Cuartos de final
Nos cuartos de final enfróntanse entre si os 8 equipos en 4 eliminatorias directas a dobre encontro, de xeito que en cada eliminatoria enfróntanse un 1º fronte a un 2º da fase de grupos anterior.
- Semifinais
As semifinais son 2 eliminatorias directas a dobre encontro, ida e volta. Os dous equipos gañadores pasan á final do torneo.
- Final
A final da Liga de Campións da Concacaf dispútase no formato de dobre encontro, ida e volta, nos estadios dos equipos protagonistas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Data Ida | 20 de abril | ||
Data Volta | 27 de abril | ||
Campión | CF Monterrey | ||
Finalista | Real Salt Lake | ||
Resultado | 2-2 e 1-0 | ||
|
Os equipos mexicanos levan dominando esta competición dende a primeira edición até a actualidade, conquistando 27 das 46 edicións, grazas a equipos como o Cruz Azul, o Club América e o CF Pachuca, con 14 trofeos entre os 3 clubs. Con 6 títulos, o seguinte país mais exitoso na Liga de Campións da Concacaf é Costa Rica, grazas ós 2 equipos mais potentes da súa liga, o Deportivo Saprissa e o LD Alajuelense.
- Con 5 títulos: Cruz Azul e Club América
- Con 4 títulos: CF Pachuca
- Con 3 títulos: Deportivo Saprissa e Pumas UNAM
- Con 2 títulos: LD Alajuelense, SV Transvaal, Deportivo Toluca, CD Olimpia, Club Necaxa, Defence Force FC e CF Atlante
- Con 1 título: CD Guadalajara, CSD Comunicaciones, CSD Municipal, Los Angeles Galaxy, CF Monterrey, DC United, CS Cartaginés, Puebla FC, Violette AC, Club Deportivo FAS, Univ. Guadalajara, CD Águila, Alianza FC e RC Haïtien