CESCE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cesce

Sede de Cesce, en Madrid.
FundaciónEspaña 1972, España
MatrizGrupo Cesce
Localización
Persoas claveFernando Salazar Palma[1] (Presidente)
IndustriaSeguros
ProdutosServizos de xestión de crédito comercial
Beneficio418 millóns de euros[2] (2020)
Beneficio netoDecrecente 21,1 millón de euros[2] (2020)
Na rede
https://www.cesce.es/
Facebook: cesce.es Twitter: cesce_es Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cesce, Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (castelán: Compañía Española de Seguros de Crédito a la Exportación), é unha empresa mixta pública-privada de xestión de risco comercial presente en 9 países. É o cuarto grupo mundial e o segundo de España en crédito e en caución. Conta con 140 000 clientes, 1,5 millóns de límites de risco en vigor[2], 24 oficinas comerciais, 100 axentes e 1 462 empregados[Cómpre referencia]. É membro de UNESPA, Unión de Berna, ICISA, ALASECE e APFPASA. Á súa vez, é propietaria de Informa[3], empresa de información financeira e comercial.[4]

Noutro ámbito, Cesce é unha axencia de crédito á exportación (ECA) encargada en España de xestionar o seguro de crédito á exportación por conta do Estado.[5]

Está participada maioritariamente polo Estado español e polos principais grupos bancarios e compañías de seguros españolas.[Cómpre referencia]

A parte de en España, Francia e Portugal, Cesce está presente no Brasil, Chile, Colombia, México e o Perú a través do Consorcio Internacional de Aseguradores de Crédito (CIAC)[Cómpre referencia], da que é a principal accionista, cun 63,12 %.[6][7]

Historia[editar | editar a fonte]

Cesce constitúese en 1971 como unha compañía de capital mixto na que o Estado español conta coa maioría e na que participan as principais entidades financeiras españolas, así como algunhas compañías privadas de seguros; comezando a operar en 1972.[Cómpre referencia]

En 1992 inicia a súa actividade de seguro por conta propia. Ese mesmo ano crea Informa, unha empresa de subministración de información comercial, financeira e de mercadotecnia.

No ano 2000 crea o Consorcio Internacional de Aseguradores de Crédito (CIAC) e inicia a súa expansión en Latinoamérica.

En 2004 Informa adquire o negocio de Dun & Bradstreet en España e Portugal.

A finais do ano 2012, Cesce rompe o principio de globalidade até entón vixente no sector do seguro de crédito.

Privatización

O 13 de xullo de 2012 o ministro de Economía, Luís de Guindos, anuncia a privatización da compañía[8] e o 14 de setembro de 2012 apróbase o Real Decreto Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, que suprime a restrición legal anteriormente existente que obrigaba ao Estado a manter unha posición maioritaria no capital da compañía.[9][10] En xaneiro de 2013, a SEPI selecciona a PricewaterhouseCoopers e Pérez Llorca Abogados como asesores financeiro e xurídico, respectivamente, no proceso de privatización da compañía.[11] O 20 de setembro de 2013 o Consello de Ministros aproba o anteproxecto da Lei de cobertura por conta do Estado dos riscos da internacionalización das empresas, que crea a figura do axente xestor, a entidade designada polo Estado para xestionar no seu nome determinados riscos da internacionalización, e estipula que Cesce será axente xestor durante 7 anos ampliables a 10[12], á vez que estipula que devandito axente xestor non poderá xestionar a ECA de ningún outro país.[13] Finalmente, o 4 de abril de 2014 o Congreso aproba a privatización[14] e o 23 do mesmo mes publícase a Lei 8/2014, de 22 de abril, sobre cobertura por conta do Estado dos riscos da internacionalización da economía española que entra en vigor o día 23 de xullo.[15] Porén, en xuño de 2015 suspendeuse sine díe o proceso de privatización[16]

Presenza internacional[editar | editar a fonte]

Cesce está presente directamente en España, Francia e Portugal; e a través de Cesce Internacional (CIAC) en países de Latinoamérica como Perú, Colombia, Brasil, México e Chile.

Accionistas[editar | editar a fonte]

Sociedade  % de participación[2]
Estado español 50,25%
Banco Santander 23,88%
Banco Bilbao Vizcaya Argentaria 16,3%
Banco Sabadell 3,60%
Outros bancos 2,07%
Compañías de seguros 3,90%

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Consejo de CESCE nombra a Fernando Salazar nuevo presidente de la Compañía". Cesce España (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Informe de actividades 2020" (pdf). Cesce. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  3. "CESCE adquiere el 100% de Informa D&B". CESCE (en castelán). 9 de xuño de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  4. "La empresa". Informa (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  5. "CESCE". Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  6. "Santander y BBVA ceden peso a Cesce en su hólding internacional". Expansión (en castelán). 28 de maio de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  7. "CESCE Internacional". CESCE (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  8. "El Gobierno privatizará la Compañía de Seguros de Crédito a la Exportación" (en castelán). Europa Press. 13 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  9. "El Gobierno aprueba el inicio de la privatización de CESCE". La Información (en castelán). 14 de setembro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  10. "El gobierno privatiza cesce". El Economista (en castelán). 14 de setembro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  11. "PwC y Pérez Llorca serán los asesores financiero y jurídico de SEPI en el proceso de privatización de CESCE". El Economista (en castelán). 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  12. "El Gobierno aprueba el anteproyecto de Ley que avanza en la privatización del Cesce" (en castelán). Europa Press. 20 de setembro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  13. "El gestor privado de los seguros a la internacionalización no podrá prestar el mismo servicio para otro país" (en castelán). Europa Press. 2 de outubro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  14. "El Congreso da el visto bueno final a la privatización del CESCE". El Confidencial (en castelán). 10 de abril de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  15. "La ley que permite privatizar la gestión del CESCE entrará en vigor dentro de tres meses" (en castelán). Europa Press. 23 de abril de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  16. Bravo, J. A. (14 de xuño de 2014). "El Gobierno aparca ‘sine die’ la privatización de la aseguradora Cesce". Diario de León (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]