Internacionalización e localización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Internacionalización»)
Captura de pantalla de programas informáticos localizados ao italiano.

En informática, a internacionalización e localización é a parte do proceso de adaptación do software a diferentes linguas, ás diferenzas rexionais e aos requirimentos técnicos de diferentes sectores.

A internacionalización é o proceso de deseño que permite ao software ser adaptado a diferentes linguas e ser usado en diferentes rexións sen cambios na súa enxeñería. A localización consiste no proceso de adaptación do software a unha rexión específica ou a unha lingua engadindo aqueles compoñentes específicos que se precisen nesa rexión, así como a tradución de textos, sons e outros recursos multimedia empregados nos aplicativos.

A palabra internacionalización adoita abreviarse con i18n (onde o 18 significa o número de letras que hai entre o primeiro i e o último n na palabra inglesa internationalization, acuñada no DEC nos anos 70 ou 80)[1], mentres que localización adoita abreviarse con L10n (onde o 10 significa o número de letras que hai entre o primeiro l e o último n na palabra inglesa localization).

Notas[editar | editar a fonte]